O martes 30 de xaneiro de 2018, tivo lugar a presentación dos tres campionatos de hostalaría que acollerá, un ano máis, o IES de Foz. Trátase de dous campionatos de baristas e un de cata de cafés, que son xa referentes no mundo da hostalería. Contarase coa participación dos mellores baristas profesionais e dos mellores estudantes de hostalaría (os futuros mellores baristas profesionais), así como coa intervención de empresas referentes no sector.
As competicións, que se celebrarán durante os días 21, 22 e 23 de febreiro de 2018, son as seguintes:
- XI Campionato Internacional de Baristas de Escolas de Hostalaría
- VI Campionato Internacional de Cata de Cafés de Escolas de Hostalaría
- VI Campionato Internacional de Baristas Profesionais
Accede ao: