O pasado martes 5 de decembro de 2017 tivo lugar a xornada de clausura da programación especial do CIFP Compostela para o seu 50 aniversario. Contouse coa participación do chef Paco Roncero, que estivo acompañado por profesorado e alumnado do centro.
Esta xornada de clausura pon fin a meses de intensa actividade, incluíndo mesas redondas, conferencias, showcookings e presentacións da man de diferentes expertos culinarios.