O pasado 16 de marzo tivo lugar a 4ª edición do Campionato de Sumillería "Suso Domínguez", que desde o ano 2014 organiza o CIFP Carlos Oroza coa fin de por en valor as destrezas e as habilidades do servizo de sala e de viños do alumnado dos centros de formación profesional de hostalaría e turismo.
Participación
Trece alumnos, futuros grandes "sommeliers", procedentes de escolas galegas, asturianas e portuguesas de hostalaría e turismo, foron os grandes protagonistas desta xornada. Ademais do centro organizador, o CIFP Carlos Oroza, estiveron representadas as seguintes escolas:
- CIFP Paseo das Pontes
- CIFP Compostela
- CIFP Manuel Antonio
- IES Sanxillao
- IES Vilamarín
- IES de Foz
- IES Fraga do Eume
- Escuela de Hostelería de La Armada, Esengra
- CIFP Hostelería y Turismo de Gijón
- Escola de Hotelaría e Turismo de Viana do Castelo
- Escola de Hotelaría e Turismo do Douro-Lamego
- Escola de Hotelaría e Turismo de Coimbra
Premios
Os premiados e premiadas da 4ª edición do Campionato de Sumillería "Suso Domínguez" foron:
- Primeiro clasificado. Mario Ayllón, do CIFP Carlos Oroza, Pontevedra
- Segundo clasificado. Yago Folgar, do CIFP Compostela, Santiago
- Terceiro clasificado. Iryna Bobytchak, do IES Sanxillao, Lugo
O primeiro clasificado recibiu unha bolsa completa para o curso de barman no Instituto Galego do Viño, e o segundo e terceiro clasificados, unha bolsa de 500 euros para ese mesmo curso. Os tres foron agasallados cunha estancia no Eurostars Isla de La Toja.
As probas técnicas, nas que todos os participantes amosaron unha extraordinaria profesionalidade e dominio no coñecemento e tratamento dos viños, consistiron en:
- Cuestionario específico sobre a D.O. Monterrei
- Nez du Vin 54 aromas, proba de identificación de olores
- Identificación dun viño D.O. Monterrei entre 5 referencias dadas
- Decantación tipo aireado dun viño da D.O. Monterrei
- Álbum fotográfico flickr do campionato