A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria participará en Xantar 2017, Salón Galego de Gastronomía e Turismo, unha feira que acada a súa 18º edición do 1 ao 5 de febreiro de 2017 e que congrega a miles de persoas, transformando o recinto de Expourense nun gran centro de restauración.
A Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa estará presente cun stand atendido por alumnado e profesorado do IES Vilamarín e do CIFP A Farixa, onde poderá atoparse información e orientación sobre:
- A oferta educativa de ciclos formativos de FP.
- Acceso á Formación Profesional.
- Itinerarios formativos e profesionais.
- Saídas académicas e profesionais.
- Acreditación de competencias, a posibilidade de acreditar oficialmente a túa cualificación profesional se tes experiencia profesional.
- Emprendemento.
Ademais, a rede galega de Formación Profesional de hostalaría, Eduhostalaría Galicia, estará representada polo CIFP Carlos Oroza, que, conxuntamente coa EHT Douro-Lamego, participará nun showcooking o xoves día 2 de febreiro. Este será elaborado polo alumnado de segundo curso do CM de Cociña e Gastronomía dos dous centros versionando pratos tradicionais da cociña galega e portuguesa.
Máis información facendo clic no logo do evento.