O mércores 6 de abril, unha representación do profesorado e alumnado participante no proxecto de innovación “Novos usos culinarios da lapa” estará presente no 30 Salón de Gourmets. O CIFP Carlos Oroza estará acompañado por Maruxa García Quiroga de Tastelab e a Confraría San Xosé de Cangas, integrantes tamén deste proxecto.
Dentro do stand da Consellería do Medio Rural e do Mar, este equipo de profesorado e alumnado realizará unha breve exposición do proxecto de innovación e presentará un panel de cata cun menú sinxelo de tapas a base de tres variedades de lapa, ademáis dunha sobremesa, que se maridarán con viños albariño da DO Rías Baixas.
Tastelab dirixirá o panel de cata e extraerá os resultados para a súa posterior análise e incorporación á memoria deste proxecto de innovación.