A empresa lucense Quescrem convoca o I Concurso de Cociña con Quescrem, dirixido aos alumnos das escolas de hostalaría de Galicia. O concurso ten como principal obxectivo potenciar e premiar a innovación na cocina galega a través das persoas que representan o futuro da nosa gastronomía: os estudantes das nosas escolas.
O obxectivo do concurso será a elaboración dun “menú Quescrem” composto por: entrante, prato principal e sobremesa. Como requisito está o emprego de polo menos unha das múltiples variedades de queixo crema Quescrem en cada prato, e dúas variedades como mínimo en todo o menú. Os concursantes, que participarán en parellas de cociñeiros, terán que axustarse a diferentes criterios na elaboración do seu menú como a innovación, a creatividade e o bo traballo.
O xurado encargado de tan difícil decisión estará composto por Pepe Solla (restaurante Casa Solla, 1* Michelin), Héctor López (restaurante España), Miguel Vila (periodista gastronómico, director da revista BENBO), Begoña Martínez (Cociñeira-asesora de Quescrem) e Sergio Martínez (director de I+D de Quescrem).
A final celebrarase o próximo martes 8 de marzo no CIFP Compostela ás 15:00 horas, momento no que comezarán a entrar por parellas á cociña cunha cadencia de 10 minutos entre elas. Cada parella terá tres horas para a elaboración do seu menú.
Ás 20:00 horas celebrarase a entrega de premios acompañada dun aperitivo.