Un total de 13 centros amosaron a súa excelencia neste concurso, organizado polo CIFP Carlos Oroza, nomeadamente os 8 que compoñen a Rede galega de Formación Profesional de Hostalaría - CIFPs Paseo das Pontes (A Coruña), Compostela (Santiago), Carlos Oroza (Pontevedra) e Manuel Antonio (Vigo); e polos IES Fraga do Eume (Pontedeume), de Foz, Sanxillao (Lugo) e de Vilamarín-, a Escola Naval Militar ESENGRA (Ferrol) e 4 Escolas de Hostalería e Turismo de Portugal, en concreto as de Viana do Castelo, Douro-Lamego, Coímbra e Oporto.
Foi o alumno Miguel del Águila Amigo, do IES Sanxillao (Lugo), o gañador deste certame, tras impoñerse ao resto de participantes nas catro probas incluídas no mesmo. Como segundo clasificado quedou o alumno do CIFP Carlos Oroza (Pontevedra), Pablo González Silva, e como terceiro o alumno do CIFP Paseo das Pontes (A Coruña), Adrián Paredes Mouriz. O primeiro clasificado recibiu unha beca para o Curso de especialización de barman profesional, do Instituto Galego do Viño, o segundo unha estancia formativa na adega Ponte da Boga, e o terceiro unha estancia no hotel Monumento San Clodio, cortesía do grupo Eurostars.
As probas consistiron nun cuestionario teórico sobre a D.O. Ribeira Sacra, uhna identificación de aromas entre 54 mostras dun “nez de vin”, unha cata a cegas de 5 referencias para distinguir o viño da adega Ponte da Boga, patrocinadora desta edición do concurso e a última proba, ante o público do auditorio da Cidade Infantil Príncipe Felipe, foi a oxixenación dun viño diante do xurado do certame.