Novas da Rede

XVII edición do concurso de cociña e coctalaría “José Rodríguez-Moldes Rey"

Co gallo da celebración, o xoves día 25, da XVII edición do concurso de cociña e coctalaría “José Rodríguez-Moldes Rey”, o IES FRAGA DO EUME acolleu varias actividades, entre elas duas ponencias dirixidas ao alumnado da especialidade de servizos en restauración. Unha delas “O servizo do escumoso” foi impartida por Luís Padín, sumiller e embaixador da champagne en España, e na outra “A importancia da copa na hostalaría” o poñente foi o xerente de Riedel España. Ao longo da mañá tamén se celebrou un taller dirixido ao alumnado de panadería e repostaría, que levaba por título “Técnicas para traballar co chocolate” e que foi impartido por Pedro Espasandín, mestre pastaleiro e director da Escola Obradoiro Gascón.

Para rematar, celebrouse unha mesa redonda, na que se contou con 5 cociñeiros de recoñecido prestixo e actualidade no mundo da gastronomía galega: Alberto González Precil do restaurante Silabario de Tui, Roberto Filgueira do restaurante O Balado en Boqueixón, Javier Rodríguez Ponte (Taky) do Catering Boketé, Adrián Felipez que abrirá a vindeira semana o seu Restaurante Miga na Coruña, e Pablo Pizarro do Restaurante BocaNegra, tamén na Coruña.

IES FRAGA DO EUME
IES FRAGA DO EUME
IES FRAGA DO EUME