Novas da Rede

Xantar 2016. 17º Salón Internacional de Turismo Gastronómico

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria participará en Xantar 2016, Salón Galego de Gastronomía e Turismo, unha feira que acada a súa 17º edición do 3 ao 7 de febreiro de 2016 e que congrega a miles de persoas, transformando o recinto de Expourense nun gran centro de restauración.

A Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa estará presente cun stand onde poderá atoparse información e orientación sobre:

  • A oferta educativa de ciclos formativos de FP
  • Acceso á Formación Profesional
  • Itinerarios formativos e profesionais
  • Saídas académicas e profesionais
  • Acreditación de competencias, a posibilidade de acreditar oficialmente a túa cualificación profesional se tes experiencia profesional.
  • Emprendemento.

A rede galega de Formación Profesional de hostalaría, Eduhostalaría Galicia, participará con diferentes demostracións realizadas por alumnos dos centros que compoñen a rede.

 

Máis información do evento en:  http://www.xantar.org/