O CIFP Carlos Oroza colaborou o pasado xoves, 21 de xaneiro co Grupo Hotusa no desenvolvemento dunha nova edición da “Muestra Gastronómica” que desde hai 5 anos organizase no Eurostars Madrid Tower, o seu hotel máis emblemático da capital con motivo da Feria Internacional de Turismo. Este evento, que pretende converterse nun referente gastronómico nesta semana de FITUR congregou a máis de 1200 persoas relacionadas cos turoperadores, axencias de viaxes e cadeas hoteleiras, e contou co alumnado do CIFP Carlos Oroza para a súa posta en escea.
O obxectivo desta “Muestra Gastronómica” é converterse nun escaparate de promoción da cociña que se ofrece na acualidade nos hoteis da cadea do Grupo Hotusa, tanto dos seus hoteis españoles como europeos. Deste xeito, os convidados ao evento puideron degustar a oferta gastronómica típica da zona na que está establecido cada hotel con elaboracións preparadas polos chefs dos 14 establecementos integrados nas marcas do Grupo Hotusa, e que foron asistidos na elaboración polo alumnado do ciclo medio de Cociña e Gastronomía do noso centro.
No servizo do mesmo, os chefs e xefes de sala dos diferentes hoteis foron asistidos polo alumnado do ciclo medio de Servizos en Restauración e do ciclo superior de Dirección de Servizos no salón Barcelona do hotel Tower, no que se desplegaron máis de 20 estacións de servizo nos que os convidados podían ir probando tanto as elaboracións máis características de cada zona como as súas bebidas máis representativas, viños, licores, cavas, etc.