Novas da Rede

Cociñas viaxeiras do CIFP Carlos Oroza en Quiroga

Os pasados 19 e 20 de novembro, os alumnos do CS de Dirección de Cociña e do CM de Servizos realizaron unha saída didáctica o Courel e á Ribeira Sacra. O obxectivo da actividade era coñecer a micoloxía destas zonas con guías especializados. Tamén se visitou unha adega e unha almazara de Aceroga e un pequeno produtor de mel ecolóxica, Manuel Macía.

Continuando co proxecto de “Cociñas Viaxeiras do CIFP Carlos Oroza” e aproveitando a súa estadía en Quiroga, organizouse un showcooking para os empresarios de hostalaría da zona que resultou un éxito de convocatoria. Foron moitos os que se achegaron a coñecer diferentes técnicas culinarias con cogumelos, que o alumnado do ciclo superior de Dirección de Cociña amosoulles neste showcoo­king. O alumnado, apoiado polos seus profesores, cociñaron e presentaron varias elaboracións: Risotto de níscalos encurtidos con aceite de Quiroga e arroz cremoso, Taco de atún macerado en salsa de solla e menestra de cogumelos á prancha, Milfolla de salteado de angulas de monte e Arroz con leite e cantare­las, que agradaron moitos os padares dos hosteleiros de Quiroga, felicitando á escola por esta iniciativa.

Tanto o alumnado como o profesorado participante na actividade quedaron moi satisfeitos coa acollida e o resultado do mesmo, pechando positivamente “As cociñas viaxeiras do CIFP Carlos Oroza” en Quiroga.

COCIÑAS VIAXEIRAS DO CIFP CARLOS OROZA EN QUIROGA