A acuicultura e a gastronomía son dous sectores en auxe que aspiran a converterse en estratéxicos para a economía galega. Conscientes disto, o Instituto Galego de Formación en Acuicultura da Illa de Arousa, que imparte as ensinanzas en acuicultura e mergullo, e o Centro Integrado de Formación Profesional Carlos Oroza de Pontevedra, que imparte as ensinanzas de Hostalaría turismo e industrias alimentarias, fixemos una alianza en colaboración co Consello Regulador de Denominación de orixe Protexida Mexillón de Galícia, a Asociación de Produtores de Rodaballo de Galicia (AROGA), a Asociación Gallega de Piscifactorías de Trucha de Galicia (ATRUGAL) e a empresa Porto-Muiños para desenvolver un proxecto común e unir “Ciencia e Gastronomía” dos produto da acuicultura de Galicia, o cal resultou seleccionado aos premios de Innovación Didáctica de Formación Profesional da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
O Profesorado e o alumnado participante traballou durante seis meses en investigar as especies da acuicultura, a súa forma de cultivo, a morfoloxía, as características nutricionais, e en amosar novas formas de preparación e aplicacións culinarias destes Peixes e mariscos, que teñen una calidade excelente e que tamén poden someterse ás mesmas preparacións e cun valor gastronómico similar ao peixe e marisco salvaxe.
O resultado deste traballo preséntase nunha guía de consumo que se compón de fichas técnicas para cada una das especies, e dun receitario que describe o proceso de preelaboración e elaboración de cada una delas. As receitas son sinxelas, áxiles e baseadas na cociña galega de vangarda; respetando o produto e coa axuda das técnicas de cociñado, preténdese preservar o seu sabor orixinal, sobre todo o insubstituíble arrecendo dos cada vez máis imprescindibles froitos do mar, que resultan escasos no medio natural.
As vantaxes destes produto da acuicultura son evidentes, posto que representan una oportunidade para a cociña, xa que permiten que todas as economías teñan acceso a materia prima de calidade e en calquera época do ano.
O importante deste proxecto é o traballo conxunto do profesorado e do alumnado para que así os futuros produtores de peixe e marisco de cultivo coñezan a aplicación final do seu produto, os futuros cociñeiros os recoñezan e lles proporciones valor culinario, e que sirva, así mesmo, para que os consumidores saiban o que mercan e como poder preparalos.
- Portal do proxecto: http://www.cifpcarlosoroza.es/proxectoigafa/
- Publicación de difusión: http://issuu.com/cifpcarlosoroza/docs/galego_baixa_resolucion