O intercambio gastronómico e enoturístico entre a Escola de Hotelaria e Turismo do Douro - Lamego e o CIFP Carlos Oroza ten deixado moitas imaxes, vivencias, e aprendizaxes entre todas as mozas e mozos.
As xornadas foron intensas, cun programa diseñado polo profesor responsable dos proxectos internacionais, Francisco Orge, e no que a colaboración entre ciclos-alumnado e profesorado ten sido fundamental para poder disfrutar destes días no que houbo numerosas visitas ao patrimonio pontevedrés e da comarca do Salnés, e que culminou cun xantar lusófono elaborado e servido polo alumnado portugués acompañado e guiado polo seu profesorado, Filipe, João e George, como eles din, os “xefes”.
O xantar contou coa presenza da responsable de Turismo de Pontevedra, Carlota Román, o responsable de Urbanismo e Patrimonio Luís Bará, a xerente de Turismo Rías Baixas, Ruth González, o xefe da inspección de Educación M. Torres, o delegado territorial César Pérez, o inspector Román Latas e a directora da Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia-Norte de Portugal, María Geraldes.
Menú elaborado e servido polos estudantes da Escola de Hotelaria e Turismo do Douro - Lamego:
- Escuma de pataca con crema de grelos e ovo de codorniz estrelado
- Ravioli de bacallao
- Porco confitado con arroz meloso
- Maridaxe: brancos e tintos da rexión vinícola do Douro
- Sobremesas: xeado de aceite e laranxa maridado cun Porto Vintage Quinta Seara colleitaa 2009
Álbums en Flickr:
- 2º Ciclo Superior Guía, información e asistencia turística guiando en la ciudad
- Almoço: Az cozinhas viajeiras. Do Douro ás Rías Baixas
- Degolición do viño do Porto
- IGAFA
- Visita ao IGAFA
- Gran Hotel La Toja
- La Toja: museo e hotel
- No viñedo Eidos de Padriñán
- Adega Eidos-álbum
- Adega Eidos de Padriñán-visita guiada