Novas da Rede

Finalistas do III concurso 'Cociñar con Ribeiro'

A Feira do Viño do Ribeiro volverá a celebrar, dentro do seu programa de actividades, a final do concurso de receitas 'Cociñar con Ribeiro', ao que se presentaron un total de 33 elaboracións correspondentes a catro escolas de Hostalaría de Galicia.

De todas as preparacións, pasaron á final as tres mellores: un Mexillón en salsa Ribeiro con labras de xamón presentado polo CIFP Carlos Oroza de Pontevedra; un Semifrío de uva presentado polo IES Fraga do Eume de Pontedeume e un Peixe Sapo con codia de moluscos, salsa de cenoria e aroma a Ribeiro presentado polo IES Vilamarín.

Á final, na que os aspirantes deberán elaborar in situ cada unha das receitas, terá lugar o sábado na carpa showcooking do recinto da Feira do Viño, en horario de 16.30 a 19.30 horas.

Alberto Traversa, membro do equipo editor de La Alacena Roja, formará parte do xurado xunto a Constantino Iglesias, presidente da Asociación Galega de Catadores; Juan Casares, presidente da EVEGA; Aurelio Vázquez, vicepresidente da Asociación de Sumilleres Gallaecia e Conchi Peiteado, cociñeira do restaurante Agarimo de Lalín.

Finalistas do III concurso 'Cociñar con Ribeiro'