IN29 - Eco-Board: taboleiros para moblaxe a partir de plásticos reciclados

Familias profesionais:
Fabricación mecánica
Madeira, moble e cortiza
Química
Centro educativo coordinador: CIFP Politécnico de Santiago, Santiago de Compostela
Centros colaboradores:
CIFP Politécnico de Santiago
CIFP Someso
Centros colaboradores:
FINSA
Grupo Ramón García
MAKERGAL3D
Asociación galega da enfermidade de Dent (Art for Dent)
Obxectivos:

•    Deseñar e construír unha trituradora de plásticos adecuada para procesar os materiais reciclados.
•    Construír unha prensa que permita a fabricación de taboleiros feitos a partir da combinación de varios materiais reciclados.
•    Avaliar as propiedades fisicoquímicas dos taboleiros resultantes, co fin de garantir a súa aptitude para o uso en moblaxe.

Síntese do proxecto:

Desenvolvemento dun procedemento integral para a obtención de taboleiros de alta calidade, aptos para a fabricación de moblaxe, mediante a utilización de plásticos reciclados enriquecidos con diversas cargas, como serraduras e area.

Participantes:

Coordinador: Jaime Franco Vázquez