IN12 - Levitación magnética na automatización de procesos industriais

Familias profesionais:
Electricidade e electrónica
Centro educativo coordinador: CIFP Politécnico de Lugo, Lugo
Entidades colaboradoras:
BECKHOFF AUTOMATION
Obxectivos:

•    Investigar e comprender o funcionamento da levitación magnética e as súas propiedades.
•    Identificar e analizar as potenciais aplicacións da levitación magnética en sectores industriais.
•    Avaliar a viabilidade técnica e económica da integración da levitación magnética nos procesos de automatización industrial.

Síntese do proxecto:

Exploración do funcionamento da levitación magnética e as súas aplicacións na automatización de procesos industriais, especialmente en sectores que requiren condicións de traballo libres de contaminación, como o sanitario ou o farmacéutico.

Participantes:

Coordinador: José Luis Blanco Carballido