IN24 - Dispositivo para ensaios de discriminación das cores

Familias profesionais:
Artes gráficas
Centro educativo coordinador: CIFP Montecelo, Pontevedra
Centros colaboradores:
CIFP Montecelo
CIFP Compostela
CIFP Leixa
Obxectivos:

•    Deseño e creación de dispositivo de ensaio de percepción da cor.
•    Realización de ensaios e obtención de resultados seguindo o manual do procedemento.
•    Creación de ferramenta de análise dos datos obtidos nos ensaios e difusión en redes colaborativas con outros centros educativos.

Síntese do proxecto:

Desenvolvemento dun dispositivo para realizar ensaios de determinación da agudeza visual na discriminación de cores e detección de problemas na percepción cromática, facilitando unha mellor comprensión e aplicación práctica das técnicas de deseño e produción gráfica.

Participantes:

Coordinadora: Guadalupe González Campos