IN13 - PoliPick: selección e manipulación automática de obxectos

Familias profesionais:
Electricidade e electrónica
Instalación e mantemento
Centro educativo coordinador: IES Politécnico de Vigo, Vigo
Entidades colaboradoras:
Roboting Automation and Programming
Obxectivos:

•    Deseñar un banco de ensaios para Bin Picking mediante a combinación da visión artificial en tres dimensións e a robótica.
•    Ofrecer ás empresas da contorna a oportunidade de coñeceren e analizaren os procesos de Bin Picking con visión artificial tridimensional.
•    Capacitar ao alumnado nas novas tecnoloxías da industria 4.0.

Síntese do proxecto:

Desenvolvemento dun banco de probas para a selección automática de elementos desordenados en contedores (Bin Picking), compatible con robots de diferentes fabricantes, mediante cámaras de visión artificial 3D e sistemas de seguridade integrados.

Participantes:

Coordinador: Miguel Angel López Prieto