IN19 - MeteoLoRa: estación meteorolóxica avanzada

Familias profesionais:
Electricidade e electrónica
Fabricación mecánica
Centro educativo coordinador: IES Ricardo Mella, Vigo
Centros colaboradores:
IES Politécnico de Vigo
Entidades colaboradoras:
Asociación Tecnolóxica “Electrónica Galicia”
Obxectivos:

•    Desenvolver sensores especializados para medir variables meteorolóxicas e ambientais, como temperatura, humidade ou a presión atmosférica.
•    Empregar a tecnoloxía LoRa/LoRaWAN para monitorizar datos a grandes distancias e con consumos de potencia moi baixos.
•    Mellorar a formación do alumnado na tecnoloxía LoRa.

Síntese do proxecto:

Deseño e construción dunha plataforma baseada no uso de microcontroladores e tecnoloxía de transmisión sen fíos LoRa/LoRaWAN, co obxectivo de proporcionar unha solución avanzada para a monitorización e a xestión de datos meteorolóxicos e ambientais.

Participantes:

Coordinadora: M. Carmen Currás Francos