IN14 - Técnicas de IA para a resolución de problemas

Familias profesionais:
Electricidade e electrónica
Centro educativo coordinador: IES Fernando Blanco, Cee
Centros colaboradores:
IES Punta Candieira
Obxectivos:

•    Deseñar un sistema capaz de resolver sudokus de forma eficiente e precisa mediante a combinación de autómatas de Siemens e Arduino.
•    Crear recursos didácticos relacionados coa industria 4.0 e o internet das cousas (IoT) e a IA.
•    Fomentar a adquisición de competencias relacionadas coa programación, as comunicacións industriais, a industria 4.0 e a IoT.

Síntese do proxecto:

Desenvolvemento dun sistema que emprega autómatas Siemens e placas Arduino para resolver problemas complexos, como os sudokus, explorando novas aplicacións da intelixencia artificial no ámbito da automatización.

Participantes:

Coordinador: Juan Manuel Suárez Lago