IN20 - ECOGREL: automatización do lavado do grelo

Familias profesionais:
Instalación e mantemento
Centro educativo coordinador: CIFP Ferrolterra, Ferrol
Centros colaboradores:
CIFP Ferrolterra
IES Perdouro
Entidades colaboradoras:
Soluciones Metalúrgicas Integrales (SMI)
Milhulloa
Terras da Mariña
Obxectivos:

•    Deseño e fabricación dun innovador sistema para o lavado automático dun produto específico do rural galego.
•    Minimizar os custos enerxéticos, aforrar de auga e reducir os tempos do proceso, mellorando as condicións hixiénicas finais do produto.
•    Achegar a funcionalidade deste sistema ás PEME e ás microPEME do sector.

Síntese do proxecto:

Desenvolvemento dun prototipo de sistema automatizado para lavado, procesamento e desinfección de grelos mediante inmersión, secado e posterior exposición a raios ultravioleta.

Participantes:

Coordinador: Miguel Calvo Bello