IN21 - MilkWarmer: eficiencia enerxética nas granxas
Familias profesionais:
Instalación e mantemento
Centro educativo coordinador: CIFP As Mercedes, Lugo
Centros colaboradores:
CIFP As Mercedes
Entidades colaboradoras:
Finca Padronelo
RPA
Obxectivos:
• Aproveitar a enerxía xerada no momento da recollida do leite para o seu posterior quentado para o aleitamento.
• Mellorar a alimentación dos animais nas granxas reducindo a carga de traballo do persoal das explotacións.
• Substituír os sistemas convencionais de produción de calor por resistencias eléctricas por un sistema máis eficiente.
Síntese do proxecto:
Desenvolvemento dun sistema de arrefriamento e quentamento de leite para becerros en granxas, mediante unha bomba de calor auga-auga, garantindo así as condicións óptimas de conservación e temperatura antes do proceso de aleitamento.
Participantes:
Coordinador: Juan Carlos Fernández López
Contacto: