1-O primeiro serar ter activados os módulos de foros e comentarios na ruta:
Administrar » Construcción da páxina>>Módulos
Sen esquecerse de lanzar o Update.php nesa mesma páxina.
Por favor, coidadiño con activar ou desactivar módulos alegremente. Pode destruir o seu espazo web dun xeito irrecuperable.
Por favor, coidadiño con activar ou desactivar módulos alegremente. Pode destruir o seu espazo web dun xeito irrecuperable.
2-Agora teremos que crear primeiramente un contenedor de Foros:
Administrar » Administración do contido>>Foros
Engadimos un Contenedor primeiramente. Logo engadimos foros e debemos fixarnos cando os creamos que eses foros teñan como pai, o contenedor que fixemos anteriormente.
Suponse que xa temos un contenedor con foros.
3-Faremos agora un menú que vai mostrar os Foros:
Administrar » Construcción da páxina>>Menús
Engadimos Menú. Por Exemplo : FOROS PROXECTO
Ese menú no ten inicialmente Elementos de menú. Pero nesa mesma páxina, máis abaixo, atoparemos o contenedor que creamos anteriormente do que colgan varios foros.
Nese mesmo lugar, observamos que podemos editar o contenedor; facémolo e na opción "Elemento pai" eleximos o menú no que queremos que se mostre. Ex: FOROS PROXECTO
Observaremos, que agora, o menú que fixeramos incialmente nesa páxina, xa ten como elementos de menú os foros correspondentes.
4-Se todo foi ben, o feito de meter os elementos de menú dentro dun menú, construiu un bloque.
Polo tanto, ímonos á ruta:
Administrar » Construcción da páxina>>Bloques
Observaremos que existe un bloque que se chama como o menú dos nosos foros que no está en visible, xa que figura como "ningún" na columna rexión.
Eliximos onde o queremos ver, e xa teriamos os foros visibles.
5-Permisos-a
Só nos faltaría activar convenientemente os permisos para os distintos roles.
Por un lado, os roles que van a empregar os foros:
Administrar » Mantenemento de usuarios>>Control de acceso
Forum Módulo:
Debería dar permisos crear e editar os propios temas de foro, nunca administrar (só para administradores).
Comment Módulo
Permisos de acceder a comentarios e enviar comentarios.
Deste xeito os comentarios serán moderados. É dicir só se verán cando sexan aprobados polo administrador na opción:
Administrar » Administración do contido>>Comentarios
Na cola de aprobación irán aparecendo os comentarios.
6-Permisos-b
No apartado 5 dixemos que roles poden participar nos foros.
Neste apartado daremos permisos para uns foros en concreto.
Administrar » Mantenemento de usuarios>>Taxonomy access: permissions
Aquí, rol por rol iremos indicando que foros poderan editar, actualizar, borrar, crear ou listar.
En http://www.edu.xunta.gal/centros/websdinamicas/node/161 hai unha descripción máis detallada dos permisos en xeral.