Skip to Content

Artículos

Rematamos un curso ¿Que facer?

Cando consideredes rematados os cursos, deberíades facer unha copia de seguridade.

Logo depende como queirades ter accesibles os cursos deste ano. Se os deixas con contrasinal e creas unha categoría de histórico ou simplemente os gardas na copia de seguridade.

1-Se xa creastes unha copia de seguridade hai a posibilidade de "inicializar" un curso de xeito que empezaría o curso de cero xa que lle podemos eliminar os datos referentes ao alumnado. (Recomendado)

2-Se queremoss conservar os cursos cargados, teriamos que crear un novo curso e recuperar "Restaurar" en el a copia de seguridade do curso antigo sen os datos dos alumnos. (Neste caso é posible que teñamos problemas coa importación das wikis)

3.-Tamén poderiamos crear un curso novo e empregar a utilidade "importar", co que importariamos para este curso novo só aquelo que queremos do curso antigo.

Consello:

Facer ensaios coa posibilidade 3, se satisface perfecto, senón probariamos a 2 e por último a 1. Se nos vale gardar simplemente as copias de seguridade dos cursos xa iría directamente á 1.  Hai varias posibilidades e non saberiamos dicir cal é mellor.



by Dr. Radut