Skip to Content

Bolsas e axudas a alumnos de niveles postobrigatorios MEC para o Curso 2023-2024

Publicouse a convocatoria de Bolsas e axudas alumnos de niveis posobrigatorios do MEC para o curso 2023-2024. Esta información é de especial interese para o alumnado que vaia a cursar Bacharelato o curso próximo.

Poderán presentarse as solicitudes ata o 17 de maio de 2023.

Información disponible na páxina do Ministerio de Educación.

ALUMNADO CON TALENTO: Juan Felipe Quinbayo Díaz (1ºESO)

alumnado do IES Xoán Montes é realmente talentoso e así o demostra en moitas áreas como o deporte, a música, a danza...

Hoxe adicamos esta noticia a RayitoJuan Felipe Quinbayo Díaz, alumno de 1ºESOC e todo un portento no deporte de boxeo.

Felipe Quinbayo

Felipe Quinbayo

Xornada de difusión do Grao de Xeografía e Historia

No mes de marzo o alumnado de 1ºBAC de Historia do Mundo Contemporáneo tivo a oportunidade de coñecer un pouco mellor o Grao de Xeografía e Historia, así como as súas saídas profesionais. Esta charla informativa intégrase no programa de difusión que organiza a Facultade de Historia de Ourense, pertencente á Universidade de Vigo.

Visitounos Begoña Garrido da cooperativa Xeitura adicada á Xestión integral do Patrimonio que explicou a organización do grao e os seus aspectos organizativos (notas de corte, materias, convocatorias, etc) para despois coñecer distintas saídas profesionais. A través dun xogo de cartas coñecimos casos reais de distintas saídas profesionais, incluíndo as máis emprendedoras.

Difusión Grao Xeografía e Historia. Marta Coria. CC BY-SA

CONFERENCIA: COMO GESTIONAR TUS EMOCIONES Y TUS CONFLICTOS EN LAS REDES SOCIALES.

O luns 27 de febreiro tivemos a sorte de contar coa presencia do ponente Guillermo Cánovas que, ao longo do día, acompañounos a alumnado, profesorado e familias para adentrarnos no complexo tema de: COMO GESTIONAR TUS EMOCIONES Y TUS CONFLICTOS EN LAS REDES SOCIALES.

O profesor e escritor Guillermo Cánovas é un referente a nivel nacional e no uso da internet e os menores e "saúde dixital". Na actualidade dirixe Educalike, un observatorio para a promoción e uso saudable da tecnoloxía. Pola súa labor en favor da infancia, entre outros recoñecementos, outorgouselle o premio UNICEF no ano 2013. 

Ao longo da sesión, impartiu distintas charlas. Ao alumnado explicoulles como afecta o uso das redes sociais ao noso organismo, relacións e rendemento escolar. Para o profesorado efoi realmente clarificadora a información sobre o uso das redes sociais que fanos nosos adolescentes. 

Obradoiro teatral para promover a cohesión grupal en 3º ESO

Ao longo da 2ª avaliación o alumnado de 3ºESO levou a cabo un programa de obradoiro teatral para promover a cohesión e cooperación grupal dentro de cada grupo. O obradoiro tivo unha duración de 8 sesións de titoría e integrouse dentro do Contrato programa Inclue-T.

Tivemos a fortuna de contar con Maisqueteatro, dito doutro modo, Rocío e Elea que dun xeito esclarecedor, motivador e moi práctico, axudáronnos a afondar nas emocións simples e complexas, na expresión e recoñecemento do corpo e a voz, na resolución de conflitos, na inclusión, entre outros moitos contidos clave para cohesionar un grupo.

O obradoiro foi valorado de xeito moi satisfactorio por todo o alumnado. Para as titoras foi un pracer seguir aprendendo sobre a metodoloxía e dinámicas para seguir traballando estes aspectos na titoría.

Maisqueteatro e Contratos Programa. Marta Coria. CC BY-SA

Visita aos Xulgados. Programa Educar en Xustiza.

Na segunda avaliación, o alumnado de 1ºBAC visitou os xulgados de Lugo no marco dunha actividade complementaria organizada dende o Departamento de Economía e Xeografía e Historia.

Esta actividade está enmarcada dentro do Programa Educar en Xustiza que promove o Consello Xeral do poder xudicial. Traballouse previamente na clase cun material didáctico que nos remitiron do programa para familiarizarnos co vocabulario específico, organización do poder xudicial en España e poder coñecer mellor o seu funcionamento.

Despois, tivemos a ocasión de asistir ao xulgado nº2 e a Audiencia Provincial. No caso do xulgado de instrución, o alumnado tivo ocasión de presenciar diversos xuízos ao longo da mañá, así como recibir a explicación da xuíza que amablemente contestou todas as dúbidas xurdidas. O grupo que visitou a Audiencia Nacional tivo a ocasión de presenciar un dos xuízos máis mediáticos da nosa provincia: o doble asasinato de Cash Record. Antes de iniciar o xuízo, explicáronnos como se ía desenvolver o proceso.

Como peche da actividade, na clase representamos ao resto do alumnado os distintos xuízos aos que asitiron. 

Visita aos xulgados do Programa Educar en Xustiza. Marta Coria. CC BY-SA

Folga do 25 de abril

Período de admisión

Do 1 ao 20 de marzo estará aberto o prazo para solicitar a admisión do novo alumnado neste centro.

 

Información aquí

HORARIO CURSO 2023/24

O horario solicitado á Xefatura Territorial dende o curso 2020/21 foi definitivamente aprobado no presente curso escolar, previa solicitude de novo por parte do Consello Escolar, polo que se aplicará por primeira vez no curso 2023/24.

Este horario, que poden consultar no enlace,supón a supresión da tarde do luns.

Excursión a Lalín: "A casa do patrón"

O departamento de Lingua Galega organizou a excursión á Casa do patrón en Lalín, un museo etnográfico onde se conservan útiles e ferramentas tradicionais que se usaban na taberna, tear, escola, etc. Ademais, de visitar o museo, o alumnado tivo ocasión de desgranar mazarocas de millo e facer boliños de pan.

Posteriormente, visitaron o Museo do Xoguete no Pazo de Liñares, onde puideron coñecer xoguetes antigos. Foi unha xornada moi divertida e de descubrimento para todo o grupo!

Casa do Patrón en Lalín. María Souto

Distribuir contido


by Dr. Radut