Skip to Content

Visita aos Xulgados. Programa Educar en Xustiza.

Na segunda avaliación, o alumnado de 1ºBAC visitou os xulgados de Lugo no marco dunha actividade complementaria organizada dende o Departamento de Economía e Xeografía e Historia.

Esta actividade está enmarcada dentro do Programa Educar en Xustiza que promove o Consello Xeral do poder xudicial. Traballouse previamente na clase cun material didáctico que nos remitiron do programa para familiarizarnos co vocabulario específico, organización do poder xudicial en España e poder coñecer mellor o seu funcionamento.

Despois, tivemos a ocasión de asistir ao xulgado nº2 e a Audiencia Provincial. No caso do xulgado de instrución, o alumnado tivo ocasión de presenciar diversos xuízos ao longo da mañá, así como recibir a explicación da xuíza que amablemente contestou todas as dúbidas xurdidas. O grupo que visitou a Audiencia Nacional tivo a ocasión de presenciar un dos xuízos máis mediáticos da nosa provincia: o doble asasinato de Cash Record. Antes de iniciar o xuízo, explicáronnos como se ía desenvolver o proceso.

Como peche da actividade, na clase representamos ao resto do alumnado os distintos xuízos aos que asitiron. 

Visita aos xulgados do Programa Educar en Xustiza. Marta Coria. CC BY-SA



page | by Dr. Radut