Ao longo da 2ª avaliación o alumnado de 3ºESO levou a cabo un programa de obradoiro teatral para promover a cohesión e cooperación grupal dentro de cada grupo. O obradoiro tivo unha duración de 8 sesións de titoría e integrouse dentro do Contrato programa Inclue-T.
Tivemos a fortuna de contar con Maisqueteatro, dito doutro modo, Rocío e Elea que dun xeito esclarecedor, motivador e moi práctico, axudáronnos a afondar nas emocións simples e complexas, na expresión e recoñecemento do corpo e a voz, na resolución de conflitos, na inclusión, entre outros moitos contidos clave para cohesionar un grupo.
O obradoiro foi valorado de xeito moi satisfactorio por todo o alumnado. Para as titoras foi un pracer seguir aprendendo sobre a metodoloxía e dinámicas para seguir traballando estes aspectos na titoría.
Maisqueteatro e Contratos Programa. Marta Coria. CC BY-SA
Maisqueteatro e Contratos Programa. Marta Coria. CC BY-SA |