O luns 27 de febreiro tivemos a sorte de contar coa presencia do ponente Guillermo Cánovas que, ao longo do día, acompañounos a alumnado, profesorado e familias para adentrarnos no complexo tema de: COMO GESTIONAR TUS EMOCIONES Y TUS CONFLICTOS EN LAS REDES SOCIALES.
O profesor e escritor Guillermo Cánovas é un referente a nivel nacional e no uso da internet e os menores e "saúde dixital". Na actualidade dirixe Educalike, un observatorio para a promoción e uso saudable da tecnoloxía. Pola súa labor en favor da infancia, entre outros recoñecementos, outorgouselle o premio UNICEF no ano 2013.
Ao longo da sesión, impartiu distintas charlas. Ao alumnado explicoulles como afecta o uso das redes sociais ao noso organismo, relacións e rendemento escolar. Para o profesorado efoi realmente clarificadora a información sobre o uso das redes sociais que fanos nosos adolescentes.