Skip to Content

Alumnado de 1ºBAC asiste a varios xuízos grazas ao programa "Educar en xustiza"

O alumnado das materias de Historia do Mundo Contemporáneo e Economía de 1ºBAC asistiu a varios xuízos no xulgado do penal nº2 de Lugo dentro do programa Educar en Xustiza. A xuíza Sandra Piñeiro explicou con moito detalle ao alumnado a organización do sistema xudicial español, así como o funcionamento dos xulgados e o desenvolvemento de distintos tipos de xuízos.

Ao longo da mañá o alumnado presenciou unha ducia de xuízos e tivo a ocasión de simular un xuízo no que eles foron os protagonistas. 

simulación

Simulación dun xuízo por parte do alumnado de 1ºBAC. Fotografía de Marta Coria. CC BY-SA

 

Erasmus+, primeira mobilidade curta: Liceo di Lugo (Emilia Romagna, Italia)

Nunha curiosa coincidencia xeográfica, a primeira mobilidade do proxecto "Abrindo mentes para non deixar a ninguén atrás", estase a desenvolver actualmente en Lugo, na rexión de Emilia Romagna en Italia.

Do 22 ao 29 de outubro, un grupo de estudantes de 4ºESO acompañado por dúas profesoras está vivendo unha experiencia de inmersión única, aloxándose en familias locais e participando nun programa que inclúe visitias culturais emblemáticas como Florencia, Bolonia e Rávena. Ademais, polas mañás teñen a posibilidade de coñecer como é o sistema educativo italiano, asistindo a algunhas clases no Liceo Ricci Curbastro. En maio teremos a oportunidade de acoller a estes 12 alumnos italianos no noso centro

O programa contempla ademais outras mobilidades ao longo do curso: 2 prazas para mobilidade longa a Lugo (Italia) para alumando de 4ºESO, 9 prazas de mobilidade curta a Cesis (Letonia) para alumnado de 1ºBAC.

Na seguinte imaxe pódese ver a recepción no concello (Comune di Lugo) do grupo de galegos e italianos que tivo lugar este pasado mércores. 

recepción no concello

Recepción do grupo no Comune di Lugo (Italia)

ERASMUS DAYS no IES Xoán Montes

 

logo Erasmus days

Esta semana o IES Xoán Montes celebra os Erasmus Days+, uns días que adicaremos á difusión do programa Erasmus, tanto no Espacio Erasmus como na web e nas RRSS do centro.

Cada día da semana levaremos a cabo unha acción para dar visibilidade ao noso proxecto. Anímate a participar, consulta o programa da semana.

Hoxe comezamos publicando un vídeo de presentación do noso instituto.

Aquí tes a referencia oficial á nosa participación en Erasmus Days+ 2024.

EQUIPO DE BENESTAR E CONVIVENCIA

Consulta AQUI toda a información.

BENESTAR

Obradoiro de calceta e gancho

Temos o pracer de informarvos que retómase o Obradoiro de calceta e gancho para alumnado e profesorado. Terá lugar os xoves no recreo na aula multiusos (antiga aula de acollida e mediación). 

Este curso, as persoas encargadas de xestionar o obradoiro son Alia, Iria e Laura alumna de 2ºBAC baixo a supervisión inicial da profesora Marta Coria.

Para participar é preciso apuntarse na listaxe da porta da aula multiusos e asistir de forma regular ao obraodoiro. 

Comeza este xoves 10 de outubro e temos material para que poidas comezar se é a túa primeira vez. Anímate a calcetar!

Cartel elaborado por Alia, Iria e Laura con Canva. 

7 de outubro: Día da Educación Financeira

Hoxe celebramos o día da Educación financeira no IES Xoán Montes, coa colaboración de persoal do Banco Santander, mediante un obradoiro que nos axuda a previr os fraudes. Toda a semana traballaremos a educación financeira nos distintos grupos de Economía e Cultura Financeira, materia dirixida a 3º da ESO que estreamos este curso no Instituto. O lema deste ano é Finanzas dixitais: Aprende, Innova, Avanza 

Necesitamos estar actualizados... sabes que é o catfishing. a estafa de recovery room, o pharming... e o máis importante, como non ser estafados?

Hai moitos recuros de interese para aprender, non so hoxe:

Finanzas para todos

Portal do cliente bancario do Banco de España

Edufinet

Finanzas para mortales

Educación financiera crítica Con cómics e dicionario financeiro

ERASMUS+: resolución definitiva participantes mobilidade curta a Lugo (Italia)

Publícase, tanto nesta páxina como no Espazo Erasmus do centro, a resolución definitiva do alumnado seleccionado para participar na mobilidade curta a Lugo (Italia), que terá lugar na última semana de outubro. 

Resolución definitiva

FOTO

Renovación do Consello Escolar

Seguindo a resolución do 10 de setembro de 2024 este curso procedérase a renovación parcial do consello escolar.  A organización e a supervisión do procedemento de elección dos novos membros do Consello Escolar estará a cargo da Xunta Electoral que se constituirá ao efecto, e integrada por:

              - O Director ou directora do Centro.

                 - Un profesor ou profesora.

26 de setembro: Día do Multilingüismo

Hoxe no IES Xoán Montes tamén celebramos a diversidade. Moito do noso alumnado provén de outros países ou comunidades, enriquecéndonos tanto cultural como lingüisticamente. Mostra diso foi a participación da rapazada nesta proposta na que se mesturan saúdos, palabras ou expresións típicas de todas as procedencias. Grazas por compartir!

Imaxes de Beatriz López CC BY-SA

Distribuir contido


by Dr. Radut