Skip to Content

Alumnado de 1ºBAC asiste a varios xuízos grazas ao programa "Educar en xustiza"

O alumnado das materias de Historia do Mundo Contemporáneo e Economía de 1ºBAC asistiu a varios xuízos no xulgado do penal nº2 de Lugo dentro do programa Educar en Xustiza. A xuíza Sandra Piñeiro explicou con moito detalle ao alumnado a organización do sistema xudicial español, así como o funcionamento dos xulgados e o desenvolvemento de distintos tipos de xuízos.

Ao longo da mañá o alumnado presenciou unha ducia de xuízos e tivo a ocasión de simular un xuízo no que eles foron os protagonistas. 

simulación

Simulación dun xuízo por parte do alumnado de 1ºBAC. Fotografía de Marta Coria. CC BY-SA

 


xulgado

Alumnado de 1ºBAC na sala de vistas do xulgado nº2. Fotografía de Marta Coria.  CC BY-SA

 



page | by Dr. Radut