Introdución
Segundo a RESOLUCIÓN do 4 de febreiro de 2022, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, convócanse as probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria no ano 2022, con código de procedemento administrativo ED540A.
Pódense presentar a estas probas todas as persoas que teñan cumpridos 18 anos o día anterior á data na que se celebren as probas.
Os/as aspirantes non poderán estar matriculados de forma oficial nas ensinanzas de educación secundaria ordinaria, na educación secundaria para persoas adultas ou na FP Básica.
Prazo de entrega das solicitudes de inscrición
Os prazos de matrícula serán:
– Convocatoria de maio: 7 de marzo ao 17 de marzo de 2022, ambos os dous incluídos.
– Convocatoria de setembro: 1 de xullo ao 8 de xullo de 2022, ambos os dous incluídos.
As persoas matriculadas para a primeira convocatoria, se non superan a totalidade dos ámbitos da proba, consideraranse matriculadas para a segunda convocatoria sen que teñan que presentar nova documentación.
Forma de presentación das solicitudes
As solicitudes de inscrición deberán presentarse en soporte papel nos centros educativos que se especifican no seguinte parágrafo ou por calquera dos medios establecidos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, utilizando o formulario normalizado ED540A, que se poderá obter premendo o anterior enlace, na sede electrónica da Xunta de Galicia, na páxina web da Consellería de Educación, nas secretarías dos centros de inscrición, nas secretarías dos centros de inscrición, así como na secretaría do IES Xermán Ancochea Quevedo.
Lugar de presentación das solicitudes
As persoas aspirantes formalizarán a súa inscrición nun dos seguintes centros que constituirán tribunais para a avaliación das probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria:
a) A Coruña: – Centro EPA Eduardo Pondal, rúa da Educación, 3-2º andar, 15011 A Coruña.
b) Ferrol: – Centro EPA Santa María de Caranza, rúa Luis de Requeséns, s/n, 15406 Ferrol.
c) Santiago de Compostela:
– Alumnado co primeiro apelido entre a letra «A» e a letra «L»: IES San Clemente, rúa San Clemente, s/n, 15705 Santiago de Compostela.
– Alumnado co primeiro apelido entre a letra «M» e a letra «Z»: IES Rosalía de Castro, rúa San Clemente, 3, 15705 Santiago de Compostela.
d) Carballo: – IES Isidro Parga Pondal, rúa Muíño da Pintura, 15100 Carballo.
e) Lugo: – Centro EPA Albeiros, parque da Milagrosa, s/n, 27003 Lugo.
f) Ourense: – Centro EPA de Ourense, rúa Álvarez de Sotomayor, 4, 32002 Ourense.
g) Pontevedra:
– Alumnado co primeiro apelido entre a letra «A» e a letra «L»: Centro EPA Río Lérez, avenida de Buenos Aires, 26, 36002 Pontevedra.
– Alumnado co primeiro apelido entre a letra «M» e a letra «Z»: IES Frei Martín Sarmiento, avenida de Vigo, 23, 36003 Pontevedra.
h) Vigo:
– Alumnado co primeiro apelido entre a letra «A» e a letra «L»: Centro EPA Berbés, rúa Marqués de Valterra, 8-1º, 36202 Vigo.
– Alumnado co primeiro apelido entre a letra «M» e a letra «Z»: IES Santa Irene, praza de América, 7, 36211 Vigo.
i) O Porriño: – IES Ribeira do Louro, rúa Ribeira, s/n (Torneiros), 36410 O Porriño.
j) Tui: – IES Indalecio Pérez Tizón, avenida da Concordia, s/n, 36700 Tui.
k) Vilagarcía de Arousa: – IES Armando Cotarelo Valledor, rúa Armando Cotarelo Valledor, 4-6, 36611 Vilagarcía de Arousa.
Documentación complementaria para a tramitación das solicitudes
As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:
a) Copia, se procede, do certificado dos ámbitos da proba superados en anteriores convocatorias, só no caso de aspirantes que os superasen nun centro distinto ao que realizan a inscrición.
b) Copia, se procede, da certificación académica de ámbitos ou materias superados.
c) Acreditación de proceder doutra comunidade autónoma ou dun país estranxeiro no caso de que se solicite a exención de lingua galega.
d) Certificación do ditame de discapacidade no caso de que se solicite o recoñecemento de necesidades especiais, cando esta fose recoñecida por outra Administración distinta da Xunta de Galicia.
Listas de admitidos e reclamacións
1. No prazo dos 15 días posteriores á conclusión do prazo de presentación de solicitudes, os centros publicarán a listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas, na que se indicarán os motivos da exclusión. Tamén constarán as exencións da proba de lingua galega.
2. As persoas aspirantes disporán dun prazo de 3 días hábiles para a reclamación, contados a partir do día seguinte ao da publicación da lista de admitidos. Transcorrido ese prazo, publicarase a lista definitiva de persoas admitidas e excluídas.
Estrutura das probas
As probas están estruturadas en tres ámbitos:
-Ámbito da comunicación: inclúe probas específicas correspondentes á Lingua castelá e literatura, Lingua galega e literatura e Lingua estranxeira.
-Ámbito científico-tecnolóxico: inclúe probas específicas de Matemáticas, Tecnoloxía e Ciencias da natureza (contidos de Xeoloxía, Bioloxía, e Física e química).
-Ámbito social: inclúe contidos correspondentes fundamentalmente a Xeografía e historia, con algunha cuestión concreta de Música e de Educación plástica e visual.
Data e hora da celebración das probas
As probas celebraranse en sesións de mañá e tarde os días 20 de maio e 2 de setembro de 2022 para as respectivas convocatorias.
- A sesión da mañá terá dúas partes:
- na primeira, das 9.30 horas ás 12.00 horas, realizarase a proba do ámbito científico-tecnolóxico, que inclúe exercicios das materias de Matemáticas, Bioloxía e Xeoloxía, Física e Química e Tecnoloxía, así como aspectos relacionados coa saúde e o medio natural recollidos no currículo de Educación física.
- Na segunda parte, das 12.15 horas ás 13.15 horas, realizarase a proba do ámbito social, que inclúe exercicios das materias de Xeografía e Historia, Economía, Iniciación a Actividade Emprendedora Empresarial e aspectos perceptivos correspondentes ás materias de Educación Plástica e Visual, e Música.
- Na sesión da tarde, das 16.00 horas ás 19.00 horas, realizarase a proba do ámbito da comunicación. Comprenderá os exercicios de:
- a) Lingua Galega e Literatura.
- a.1) Exercicio de redacción.
- a.2) Cuestións de Lingua Galega e Literatura.
- b) Lingua Castelá e Literatura.
- b.1) Exercicio de redacción.
- b.2) Cuestións de Lingua Castelá e Literatura.
- c) Lingua estranxeira (inglés ou francés).
Cualificación das probas
A persoa aspirante recibirá unha única cualificación para cada ámbito.
Máis información
Na secretaría e no departamento de Orientación do IES Xermán Ancochea Quevedo
Páxina web da Consellería de Educación.
Sede electrónica da Xunta de Galicia
Información xeral sobre as probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de dezaoito anos.
Resolución do 4 de febreiro de 2022, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se convocan as probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de dezaoito anos nas convocatorias de maio e setembro, e se ditan instrucións para a súa realización.