Skip to Content

Lingua galega

PREMIO AO ALUMNADO DE 2º ESO

O pasado 26 de maio os departamentos de Lingua Galega e Literatura e de Matemáticas achegáronse ata a facultade de Matemáticas da USC para recoller a mención obtida no XIII Concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos. O traballo do alumnado de 2º ESO titulado Xogas en galego? analiza o uso do galego nos videoxogos ao tempo que manexa diferentes métodos estáticos.

Felicidades a todo o grupo!

VISITA DE ÓSCAR REBOIRAS.

O pasado 8 de maio visitou o centro o escritor Óscar Reboiras, gañador do II Premio de Galicia Rural coa novela A agonía das folerpas,para manter un coloquio co alumnado de 1º de bacharelato –encargado de presentar o autor e o acto– sobre o proceso de creación da obra, a importancia do premio e a situación da literatura galega actual.

Desde aquí, queremos agradecerlle enormemente a súa amabilidade e cercanía. Un pracer terte con nós!

 

                         

VISITA DO IES SAN PAIO DE TUI

 

O pasado 24 de abril o alumnado do IES San Paio de Tui vistou as terras de Trives para coñecer o seu patrimonio histórico, artístico e natural. Estiveron acompañados polos grupos de 3º, 4º ESO e 1ºBAC ademais de contarmos coa colaboración da compañeira Ana G. Early profesora do departamento de Xeografía e Historia– e do compañeiro Pablo Fojo –profesor dos departamentos de Debuxo e Matemáticas–.

A todos eles, alumnado o profesorado, grazas por estar sempre aí!

 

                                     

 

TEATRO: CRÓNICAS CLÁSICAS.

Unha curso máis, a compañía Vicus Teatro visitou o centro para presentarnos a súa nova montaxe: Crónicas clásicas. Desta volta, aproveitaron para repasar a historia do teatro desde a Antigüidade clásica para afondar en determidas cuestións como o emprego das máscaras, a importancia dos coros, etc... a partir dos textos dramáticos desta época. 

Achegamos algunhas fotografías da función, tamén como arquivos adxuntos. 

 

  

CURSO 2022/2023. VISITA Á EXPOSICIÓN "CASTELAO GRAFISTA".

O pasado 20 de xaneiro o alumnado de 4ºESO visitou a exposición Castelao. Grafista na sala de exposicións do Edificio Santa Leonor da nosa vila para afondar no coñecemento da figura do autor rianxeiro. 

Deixamos a foto de grupo como recordo do noso paso pola exposición. 

VISITA DA POETA NOA MOREIRA

O pasado 4 de maio, a poeta Noa Moreira, natural da Pobra do Brollón (Salceda, Lugo) visitou o alumnado de 2º de Bacharelato para falar do seu primiero libro Meteoro Inmantado, que xa vai pola súa segunda edición.

Durante a sesión, o alumnado puido coñecer todo o proceso de creación de libro e coñecer a situación da poesía galega actual contada en primeira persoa. Neste sentido, afondou nas novas canles de promoción e de edición, na importancia dos premios literarios e nos valores que achega a poesía.

Desde aquí, queremos agradecerlle a súa xenerosidade e convidada queda a volver cando queira!

 Deixamos como adxunto unhas fotografías da visita. 

VISITA A CELANOVA

O pasado 7 de abril o alumnado de 2º e 3º ESO e mais de 1º de Bacharelato tiveron a oportunidade de visitar a vila de Celanova. A actividade estivo organizada polos departamentos de Música, Xeografía e Historia e Lingua Galega e Literatura.

Durante a mañá visitamos a Casa dos Poetas -na que nos achegamos á figura de Manuel Curros Enríquez-, o mosteiro da vila -no que gozamos dun concerto de órgano- e a Biblioteca. Xa pola tarde estivemos en Vilanova dos Infantes e en Castromao, lugar no que rematamos esta xornada.

Deixamos nos arquivos adxuntos fotografías desta saída.

ESPECTÁCULO TEATRAL CRÓNICAS DE OURO.

O pasado 30 de marzo, o alumnado de 3ºESO, 1º BAC, 2º BAC e FP Básica tiveron a oportunidade de achegarse aos grandes textos do Século de Ouro español a través da representación Crónicas de Ouro da compañía Vicus Teatro. 

Con esta revisión dos clásicos do Século de Ouro fíxose fincapé nos estereotipos masculinos que subxacen destes textos para achegaren unha fonda reflexión sobre este tema. 

Deixamos nos ficheiros adxuntos unha serie de fotografías! 

Programación Curso 20-21

Saída San Cibrán de Lás

O alumnado do Xermán Ancochea fixemos visita cultural o pasado xoves, 5 de decembro. Pola mañá, tocou retroceder no tempo e mergullarnos na cultura castrexa. Para iso fomos ao castro de San Cibrán de Lás, tamén coñecido como A Ciudá, Lambrica, Lansbrica ou Lanobrica, un dos castros galaicos de maior tamaño entre os localizados no territorio da actual Galicia. Despois da visita e das explicacións dos guías, puxemos en práctica o aprendido cun divertido xogo.

Pola tarde, e despois de repor forzas cun xantar a base de bocatas e taper, fomos ao museo do Traxe Tradicional Galego e ao museo Estanislao Reverter. Alí vimos reproducións de traxes e pezas orixinais representativas de finais do século XIX e principios do XX. A seguir, coñecemos a traxectoria deportiva de Reverter a través de fotos, trofeos, placas..… e diverso material que repasa os vinte anos en activo como piloto. Para rematar a viaxe, trasladámonos ao Pazo de Trasalva, o lugar onde viviu e escribiu o Patriaraca das nosas letras, Ramón Otero Pedrayo. Este escritor, profesor, político e editor formou parte de grandes iniciativas para o desenvolvemento cultural galego como o Partido Galeguista, o Seminario de Estudos Galegos ou a Editorial Galaxia. Alí vimos obxectos persoais do escritor, mobiliario e a súa biblioteca, así como la estrutura tradicional dun pazo galego de principios do XX.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut