Publicada a convocatoria que regula o procedemento para adxudicar as prazas de residencia existentes nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo ao alumnado que no curso académico 2021/2022 inicie ou continúe estudos postobrigatorios non universitarios en centros docentes públicos ou privados concertados situados nos termos municipais da Coruña, Culleredo, Ourense e Vigo.
A persoa solicitante deberá reunir os seguintes requisitos:
1. Estar matriculada en estudos postobrigatorios non universitarios nalgún dos centros docentes situados nos termos municipais da Coruña, Culleredo, Ourense e Vigo, no curso 2021/2022.
2. Non repetir curso e, no caso de cambio de estudos, non ter abandonado dúas veces estudos iniciados para matricularse noutros estudos distintos.
3. Non ter sido expulsada no curso anterior dun centro residencial nin estar sometida a un procedemento disciplinario en trámite.
A persoa solicitante deberá estar matriculada nunha modalidade concreta dun nivel educativo ou nunha familia profesional ou especialidade dun ciclo formativo, que:
a) Non se imparta en ningún centro sostido con fondos públicos da localidade galega de residencia habitual da unidade familiar á cal pertenza.
b) E tampouco se imparta nunha localidade que, pola súa proximidade á de residencia habitual ou polos medios de comunicación dispoñibles, permita o desprazamento diario con facilidade.
A adxudicación de praza de residencia será gratuíta:
1. Cando a renda da unidade familiar sexa igual ou inferior ao limiar 2 fixado polo Real
decreto 688/2020.
2. Cando se trate de alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.
Cando a renda da unidade familiar sexa superior ao limiar 2, a persoa adxudicataria deberá aboar anualmente as seguintes cantidades:
a) Ata un 10 %: 578,32 €.
b) Máis do 10 % e ata un 20 %: 886,83 €.
c) Máis do 20 % e ata un 30 %: 1.423,59 €.
d) Máis do 30 %: 2.112,22 €.
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. Opcionalmente, poderán presentarse as solicitude presencialmente no centro residencial docente e en calquera dos lugares e rexistros establecidos na norma reguladora do procedemento administrativo común.
2. O formulario normalizado de solicitude e o de comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar (anexo I e II), ademais estarán dispoñibles:
a) No portal educativo, enderezo http://www.edu.xunta.gal
b) Nas dependencias dos centros residenciais docentes.
O prazo de presentación de solicitudes en período ordinario será:
1. Para o alumnado matriculado en bacharelato, entre o día seguinte ao da publicación desta convocatoria e o 9 de xullo de 2021 (este incluído).
2. Para o alumnado matriculado en ciclos formativos, entre o día seguinte ao da publicación desta convocatoria e o 2 de agosto de 2021 (este incluído).
Máis información.
Páxinas web dos centros residenciais.