Skip to Content

Física e química

Programa de inmersión lingüística en lingua inglesa.

Convócanse, para a súa concesión en réxime de concorrencia competitiva, un total de 272 axudas para centros educativos públicos ou concertados, co fin de participar nun programa de inmersión en lingua inglesa durante o curso 2021/22.

Cada centro educativo formará un grupo de entre 20 e 25 alumnos de 6º curso de Educación Primaria ou de 2º curso de ESO segundo o caso, atendendo aos criterios que sirvan ao mellor aproveitamento do programa.

Excepcionalmente, en centros dunha soa liña ou de ámbito rural, o grupo poderá completarse con alumnos do nivel educativo anterior do mesmo centro ou do mesmo nivel educativo doutro centro, previa autorización do órgano instrutor. No caso de que o grupo conteña alumnos de dous centros educativos, garantirase a presenza de profesorado de ambos os centros.

As actividades do programa realizaranse durante o curso académico 2021-2022, durante dous períodos diferenciados, outono 2021 e primavera 2022. A duración da actividade será de cinco días completos e seis noites, comezando un domingo pola tarde e terminando o sábado pola mañá.

 

A contía das axudas abonarase directamente ás empresas que resulten adxudicatarias da licitación pública convocada para ese efecto e serán financiadas polo Ministerio de Educación e Formación Profesional.

As axudas cubrirán todos os gastos relacionados coa actividade desenvolvida no centro de inmersión sen incluír os gastos derivados do transporte, tanto de ida entre o centro educativo e as instalacións onde se realizará a inmersión como do seu regreso.

Máis información.

Prácticas de laboratorio: "FÍSICA-QUÍMICA" Curso 2014-2015

Los alumnos de 2º ESO realizaron experimentos de química en el laboratorio de Química del instituto.

Profesora: Carmen Pérez Rodríguez

PRÁCTICAS DE LABORATORIO: "FÍSICA- QUÍMICA"

1º BACH. 2014-2015

Profesoras: Carmen Pérez Rodríguez y Mercedes Leira.

FORMULACIÓN ORGÁNICA

No seguinte enlace os alumnos de 4º de ESO. 1º e 2º de bacharalato poderán repasar as normas de formulación e nomenclatura de Química Orgánica

MATERIAS PENDENTES DO DEPARTAMENTO DE FÍSICA E QUÍMICA

19/03/2012 08:03
19/03/2012 18:00

O día 19 de marzo terán lugar os segundos parciais das materias pendentes de Ciencias da Natureza de 1º e 2º de ESO, e Física e Química de 3º de ESO. Os alumnos /as deberán presentar as actividades de reforzo antes do exame.

As horas e aulas nas que se realizarán os exames pódense consultar no archivo adxunto.

Composición do Departamento de Física e Química 2011- 2012

A composición do Departamento de Física e Química para o curso 2011-2012 é a seguinte:

  • Dª. Emilia Franco Gómez
  • Dª. Mª Eugenia Blanco Gómez ( xefa de departamento)
Distribuir contido


by Dr. Radut