Skip to Content

Programa de inmersión lingüística en lingua inglesa.

Convócanse, para a súa concesión en réxime de concorrencia competitiva, un total de 272 axudas para centros educativos públicos ou concertados, co fin de participar nun programa de inmersión en lingua inglesa durante o curso 2021/22.

Cada centro educativo formará un grupo de entre 20 e 25 alumnos de 6º curso de Educación Primaria ou de 2º curso de ESO segundo o caso, atendendo aos criterios que sirvan ao mellor aproveitamento do programa.

Excepcionalmente, en centros dunha soa liña ou de ámbito rural, o grupo poderá completarse con alumnos do nivel educativo anterior do mesmo centro ou do mesmo nivel educativo doutro centro, previa autorización do órgano instrutor. No caso de que o grupo conteña alumnos de dous centros educativos, garantirase a presenza de profesorado de ambos os centros.

As actividades do programa realizaranse durante o curso académico 2021-2022, durante dous períodos diferenciados, outono 2021 e primavera 2022. A duración da actividade será de cinco días completos e seis noites, comezando un domingo pola tarde e terminando o sábado pola mañá.

 

A contía das axudas abonarase directamente ás empresas que resulten adxudicatarias da licitación pública convocada para ese efecto e serán financiadas polo Ministerio de Educación e Formación Profesional.

As axudas cubrirán todos os gastos relacionados coa actividade desenvolvida no centro de inmersión sen incluír os gastos derivados do transporte, tanto de ida entre o centro educativo e as instalacións onde se realizará a inmersión como do seu regreso.

Máis información.



page | by Dr. Radut