Para celebrar o fin de curso e como colofón ás actividades realizadas neste ano académico en torno ao proxecto "O Xermán pensa en verde", o alumnado de 1º, 2º e 3º de ESO visitará o Camping das Illas Ons, un paraíso que se atopa no Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia. Este campamento está destinado para persoas que gocen e aprendan valores únicos como o respecto á natureza, compañeirismo, tolerancia, motivación, traballo en equipo….
Saírán de Trives o martes, de 25 de xuño ás 07:30 da mañá e a volta efectuarase o xoves 27, arredor das 20:00.