Skip to Content

Protocolo COVID-19

Plan de continxencia IES XAQ e horarios "espello"

O plan de continxencia organiza unha posible suspensión da actividade lectiva presencial. No presente curso 2021-2022 a situación derivada da covid trouxo como consecuencia a organización de unha actividade lectiva alternativa á meramente presencial que está recollida nos documentos adxuntos.

O plan de continxencia consta de dous documentos, un xeral de carácter organizativo e os chamados horarios "espello" que organizan as clases telemáticas. Todos os grupos utilizarán dous medios para este suposto, en primeiro lugar a plataforma de videoconferencia webex e a aula virtual do centro. Nestes horarios aparacen as diferentes horas lectivas semanais distribuídas entre ambos medios.

Máis información na páxina da consellería:

http://www.edu.xunta.gal/portal/familiasealumnado/medidas-coronavirus

 

volta-segura.png

Protocolo Covid-19 do IES Xermán Ancochea Quevedo

Achégase para coñecemento da comunidade educativa o protocolo presentado ante os órganos colexiados e exposto á comunidade educativa. Este documento é unha adaptación do protocolo xeral da consellería para todos os centros de ensino e modifica substancialmente a organización do centro debido á situación sanitaria derivada da Covid-19

 

Distribuir contido


by Dr. Radut