Skip to Content

Taboleiro

Resposta educativa durante o período de suspensión das clases polo COVID-19.

A continuación, amósanse unhas táboas onde aparecen indicados os medios empregados polo profesorado para a organización da atención educativa do alumnado durante o período de suspensión da actividade lectiva presencial, como consecuencia da situación creada polo COVID-19 (premendo nos enlaces accédese ao documento completo):

Educación secundaria obrigatoria.

Bacharelato.

Formación profesional.

No vídeo seguinte explícase o modo de utilización por parte do alumnado da plataforma de videoconferencia Cisco webex, habilitada pola Consellería de Educación:

Encontros virtuais da USC.

A pesar da situación de confinamento na que nos encontramos, dende o Programa A Ponte entre o Ensino Medio e a USC están a organizar os “Encontros Virtuais” da USC orientados á estudantes de secundaria e as súas familias e, por extensión, a toda a sociedade.

Nestes encontros estarán recollidas todas as titulacións de grao da USC, cunha participación máis ampla das titulacións do Campus de Lugo que ían ser presentadas nas xornadas supendidas.

Os “Encontros Virtuais” da USC terán lugar en pleno confinamento a vindeira semana, os días 6, 7 e 8 de abril (luns, martes e mércores de Semana Santa), a través da Web da USC.

Esta páxina Web estará dispoñible dende o sábado, día 4 de abril.

Máis información.

Axudas para a realización de actividades formativas STEM en lingua inglesa, STEMweek, no ano 2020.

Convócanxe axudas para realizar as actividades de formación dirixidas á mellora das competencias en lingua inglesa e competencia científico-tecnolóxica ou STEM durante o ano 2020.

PERSOAS BENEFICIARIAS:serán requisitos necesarios para optar a estas bolsas:

a) Estar cursando 3º ou 4º de ESO, durante o curso 2019/2020, na Comunidade Autónoma de Galicia.

b) Ter superadas todas as materias no curso 2018/2019.

c) Ter acadado no curso 2018/2019 unha cualificación mínima de 6 na materia de inglés.

d) Non ter concedida, no presente curso académico, outra axuda coa mesma finalidade.

e) Non estar incurso nas prohibicións para obter a condición de beneficiario.

f) Estar en posesión do DNI ou pasaporte.

SOLICITUDES: As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

O procedemento de solicitude iniciarase a través da aplicación «en liña» dispoñible desde a páxina web https://www.edu.xunta.es/axudasst/. Unha vez cuberto este formulario, gravarán os datos na aplicación «en liña» e poderán elixir entre a presentación a través da sede electrónica da Xunta de Galicia ou presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común. No caso de presentación presencial, esta aplicación «en liña» xera un documento electrónico, correspondente aos anexos I e II, que a persoa interesada deberá imprimir e asinar debidamente. Para presentar as solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

O prazo para a presentación de solicitudes será ata o 13 de abril de 2020.

ACTIVIDADES DE FORMACIÓN CONVOCADAS: As quendas, lugar de realización, datas, número de alumnos/as e cursos a que van destinadas as actividades que se convocan son:

Quenda

Lugar

Datas

Idioma

Nº de alumnos/as

Curso

CDR A Coruña

16-22 de agosto de 2020

Inglés

100

3º ESO

CDR A Coruña

23-29 de agosto de 2020

Inglés

100

4º ESO

Máis información.

Actividades de formación en linguas estranxeiras 2020.

Convócanse axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para realizar actividades de formación, dirixidas á mellora das competencias en linguas estranxeiras do alumnado de distintos niveis dos centros docentes sostidos con fondos públicos en Galicia, durante o ano 2020.

O período de realización destas actividades comprenderá desde a última semana do mes de xuño ata finais do mes de agosto de 2020, coa excepción das actividades para o 2º curso de bacharelato, que se desenvolverán no mes de agosto, e das actividades de integración, que se desenvolverán no inicio do curso 2020/21.

Requisitos:

  1. Estar cursando 1º, 2º, 3º ou 4º de ESO, ou 1º ou 2º de Bacharelato, en centros sostidos con fondos públicos, durante o curso 2019/20, na Comunidade Autónoma de Galicia.

  2. Ter superadas todas as áreas ou materias no curso 2018/19.

  3. Ter acadado no curso 2018/19 unha cualificación mínima de ben no 6º curso de educación primaria para o alumnado de 1º de educación secundaria obrigatoria, e de 6 para o de 2º, 3º e 4º cursos de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato na área ou materia de lingua estranxeira que se vai perfeccionar na estadía.

  4. Para as actividades de integración, estar matriculado/a no curso 2019/20 nun centro da Rede de centros plurilingües.

  5. Non ter concedida, no presente curso académico, outra axuda coa mesma finalidade.

  6. Non estar incurso nas prohibicións para obter a condición de beneficiario.

  7. Estar en posesión do DNI, NIE ou pasaporte. No caso do alumnado menor de 14 anos que non dispoña de documento de identidade, farase constar, como documento identificativo, o do pai ou da nai ou do titor ou titora legal.

Solicitudes, presentación e prazo:

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal. Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

O prazo estará aberto do 27 de febreiro ata o 26 de marzo (ambos incluídos).

Máis información.

UNIFERIA. Feira virtual das universidades españolas.

Crue Universidades Españolas pon en marcha a segunda feira virtual, denominada UNIferia, para axudar ao estudantado que este ano decidirá o seu futuro académico.

Esta segunda edición de UNIferia terá lugar entre os días 17 ao 28 de febreiro de 2020 e reunirá a 54 universidades españolas que informarán online e de maneira personalizada sobre a súa oferta académica de Grao, os diferentes sistemas de acceso, bolsas e sobre os pasos necesarios para poder cursar Estudos Superiores.

A través dunha plataforma virtual, os futuros e as futuras universitarios e universitarias poderán vencer as fronteiras xeográficas e temporais, informarse e interactuar cos diferentes servizos de información e orientación das institucións participantes, cun formato moderno e accesible.

Máis información.

Admisión alumnado curso 2020-2021

Calendario de admisión e matrícula

  • Reserva de praza no centro de adscrición: 1-17 de febreiro. O alumnado que pretenda continuar estudos nun centro de adscrición, deberá presentar no centro de orixe o seguinte formulario Anexo I para descargar.  Tamén se pode presentar o formulario a través da aplicación "admisionalumnado" cumplimentando o mesmo anexo.
  • Publicación das  reservas e vacantes por curso antes do 28 de febreiro.
  • Solicitudes de admisión: 1-20 de marzo. O alumnado que desexe cursar estudos no centro para o curso 2020-21 e non esté matriculado no presente curso en centros adscritos deberá presentar no centro elixido como primeira opción o anexo II  da orde de admisión ou ben a través da aplicación "admisionalumnado". Anexo II para descargar.
  • A partir do 21 de marzo a escolarización é extraordinaria polo que as instancias serán remitidas á comisión de escolarización da xefatura territorial.
  • Presentación da documentación acreditativa dos criterios alegados para o baremo: 24 de marzo-4 de abril.
  • Publicación das listaxes provisionais de admitidos e non admitidos:antes do 25 de abril.
  • As reclamación a estos listaxes provisionais vai dende o día 25 ata o 30 de abril.
  • Publicación das listaxes definitivas de admitidos e non admitidos: antes do 15 de maio.
  • Prazo ordinario de matrícula ESO e BACHARELATO: 25 de xuño-10 de xullo.
  • Prazo extraordinario de matrícula ESO e BACHARELATO: 1-10 de setembro.
  • NOTAS IMPORTANTES: o alumnado e as familias que utilicen a aplicación para cumprimentar o proceso poderán consultar o estado de tramitación das súas solicitudes a través da aplicación informática "admisionalumnado" utilizando o código de solicitude o o número de DNI da persoa solicitante.

Nota informativa

  • Cada alumna e alumno só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar; en caso contrario, perderanse os dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.
  • O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto, deberá comunicalo ao mesmo tempo ao centro de orixe.
  • O alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto, deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.

Centros adscritos

O IES Xermán Ancochea Quevedo ten adscritos os seguintes centros educativos para as ensinanzas de ESO e Bacharelato.

  • CEIP Manuel Bermúdez Couso da Pobra de Trives.
  • CEIP de Manzaneda.
  • CPI Virxe dos Remedios (adscrito para bacharelato).

Servizos complementarios

  • Transporte escolar:
    • ESO: gratuíto.
    • BACHARELATO: gratuíto previa solicitude á dirección do centro e autorización por parte da xefatura territorial de educación, dentro dos itinerarios establecidos para o ensino obrigatorio.
  • Comedor escolar (só os luns).

Normativa reguladora

Para o proceso de admisión

  • LEI ORGÁNICA 8/1985, DO 3 DE XULLO, REGULADORA DO DEREITO Á EDUCACIÓN. (BOE 4 de julio de 1985)
  • LEI ORGÁNICA 2/2006, DO 3 DE MAIO, DE EDUCACIÓN. (BOE 4 de maio de 2006).
  • LEI ORGÁNICA 8/2013, de 9 de diciembre, para a mellora da calidade educativa.
  • Real Decreto-ley 5/2016, de 9 de diciembre, de medidas urxentes para la ampliación do calendario de implantación da Lei Orgánica 8/2013, de 9 de diciembre, para a mellora da calidade educativa.

  • DECRETO 229/2011, DO 7 DE SETEMBRO, QUE REGULA A ATENCIÓN Á DIVERSIDADE DO ALUMNADO DOS CENTROS DOCENTES DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA NOS CALES SE IMPARTEN ENSINANZAS ESTABLECIDAS NA LEI ORGÁNICA 2/2006, DO 3 DE MAIO, DE EDUCACIÓN (DOG 21 de decembro de 2011).
  • DECRETO 254/2012, DO 13 DE DECEMBRO, POLO QUE SE REGULA A ADMISIÓN DE ALUMNADO EN CENTROS DOCENTES SOSTIDOS CON FONDOS PÚBLICOS QUE IMPARTEN AS ENSINANZAS DE SEGUNDO CICLO DE EDUCACIÓN INFANTIL, DE EDUCACIÓN PRIMARIA, DE EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA E DE BACHARELATO  REGULADAS NA LEI ORGÁNICA 2/2006, DO 3 DE MAIO, DE EDUCACIÓN. (DOG 26 de decembro de 2012).
  • ORDE DO 12 DE MARZO DE 2013 POLA QUE SE DESENVOLVE O PROCEDEMENTO PARA A ADMISIÓN DO ALUMNADO EN CENTROS DOCENTES SUSTENTADOS CON FONDOS PÚBLICOS QUE IMPARTAN ENSINANZAS DE 2º CICLO DE EDUCACIÓN INFANTIL, DE EDUCACIÓN PRIMARIA, DE EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA E DE BACHARELATO REGULADAS NA LEI ORGÁNICA 2/2006, DO 3 DE MAIO, DE EDUCACIÓN. (DOG 15 de marzo de 2013).
  • ORDEN DO 25 DE XANEIRO DE 2017 por la que se modifica la Orden de 12 de marzo de 2013 por la que se desarrolla el procedimiento para la admisión del alumnado en centros docentes sostenidos con fondos públicos que impartan enseñanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obligatoria y de bachillerato reguladas en la Ley orgánica 2/2006, de 3 de mayo, de educación.

Para os servizos complementarios

  • Decreto 203/1986, polo que se regulan provisionalmente determinados aspectos do transporte escolar.
  • Decreto 160/1988, do 9 de xuño, polo que se regula a prestación de servicios de transporte escolar e de obreiros de competencia exclusiva da Xunta de Galicia.
  • DECRETO 132/2013, de 1 de agosto, polo que se regulan os comedores escolares dos centros docentes públicos non universitarios dependentes da consellería con competencias en materia de educación.

Convocatoria do proceso de acreditación de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral.

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publicou no Diario Oficial de Galicia a Orde do 29 de novembro de 2019 pola que se convoca o proceso de acreditación de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, en determinadas unidades de competencia do Catálogo nacional de cualificacións profesionais.

A convocatoria establece a oferta de unidades de competencia e o número de prazas, os prazos para presentar as solicitudes de inscrición, o calendario do procedemento e as sedes onde se realizan o asesoramento e a avaliación das persoas candidatas.

Trátase dun procedemento para recoñecer, avaliar e acreditar, con carácter oficial, as competencias adquiridas no desenvolvemento do traballo ou por outras vías non formais de aprendizaxe, recoñecendo os saberes adquiridos ao longo da vida co fin de facilitar a mellora no mercado laboral e a progresión persoal e profesional.

O prazo de presentación de solicitudes será desde o 13 de xaneiro ao 7 de febreiro de 2020, ambos os dous incluídos.

Máis información.

Implantación de graos abertos.

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional abre o proceso para a implantación de graos universitarios abertos o vindeiro curso 2020-21 nas tres universidades do Sistema Universitario Galego (SUG), ca idea de incrementar a flexibilidade nos estudos universitarios e ampliar as posibilidades de elección do alumnado.

O programa de grao aberto debe combinar materias de como mínimo tres graos que deben pertencer á mesma rama de coñecemento. O número de prazas ofertadas por cada grao aberto será dun máximo de 25.

As universidades deberán garantir que o alumnado matriculado nestes programas poidan cursar un máximo de 90 créditos; ofrecerlles un proceso continuo de titorización e mentorización; e recoñecerlles a maioría dos créditos cursados no grao finalmente elixido.

Para acceder aos graos abertos, o alumnado deberá contar cunha nota de acceso como mínimo, igual á máis alta de todas as titulacións de grao integradas no programa (como referencia empregaranse as notas de corte desas titulacións no presente curso académico 2019-20).

Esta iniciativa pretende atallar a dinámica actual de abandono da universidade ou cambio de grao nos dous primeiros cursos universitarios e garantir que os estudantes dispoñan da máxima información posible á hora de elixir estudos.

Máis información sobre o anuncio desta iniciativa.

Presentación do curso académico 2019/2020.

O xoves, 17 de outubro no salón de actos do centro, ás 19:00 horas, ten lugar a reunión inicial de presentación do curso académico cas familias do alumnado do centro, na que participarán as titoras e titores dos diferentes grupos así coma tamén os membros do equipo directivo de acordo co seguinte programa:

1. Intervención do equipo directivo:

  • Benvida e presentacións.
  • Oferta educativa e datos de matrícula.
  • Calendario escolar e horario xeral do centro.
  • Normas de organización e funcionamento.
  • Servizos educativos complementarios: transporte e comedor.
  • Axenda escolar.
  • Actividades extraescolares e complementarias.

2. Reunión cas titoras e titores de grupo:

  • Funcións das titoras e titores.
  • Funcións do departamento de orientación.
  • Horario do grupo.
  • Programación da titoría.
  • Horario de atención ás familias.
  • Xustificación das faltas de asistencia do alumnado.
  • Criterios de promoción e titulación.
  • Medidas de atención á diversidade.

3. Aperitivo na cafetería do instituto.

A continuación preséntanse os cadernos ca información desta actividade para cada nivel educativo:

Programa de Becas da Fundación Amancio Ortega.

A Fundación Amancio Ortega pon en marcha este programa de bolsas, co obxecto de facilitar a mozos e mozas de institutos e colexios españois un proceso de inmersión nunha cultura estranxeira, á vez que perfeccionan a aprendizaxe da lingua inglesa, durante un ano académico. Os alumnos seleccionados convivirán cunha familia do país de acollida e cursarán Grao 11 (equivalente a Primeiro de Bacharelato). A bolsa cobre o 100% dos servizos necesarios para realizar un curso escolar no estranxeiro: viaxe, taxas de escolarización e matrícula nun instituto público, aloxamento e manutención nunha familia de acollida, seguro médico e de accidentes, convalidación do ano académico e apoio continuado durante os dez meses de estancia.

O Programa convoca 600 bolsas dirixidas a estudantes de 4º de ESO de centros españois, para estudar Primeiro de Bacharelato en Canadá ou Estados Unidos.

 O alumnado interesado deberá cumplir os seguintes requisitos:

  1. Estar inscrito como estudante de 4º curso de ESO nun Centro de Ensino de calquera Comunidade (ou Cidade) Autónoma do territorio español.

  2. Obter unha nota media mínima de 7 puntos en 3º de ESO.

  3. Obter unha nota mínima de 7 puntos na materia de inglés de 3º de ESO (ou a súa alternativa como primeiro idioma estranxeiro).

  4. Información tributaria da unidade familiar. A participación no programa non require un nivel mínimo ou máximo de ingresos por familia.

  5. DNI e/ou pasaporte español.

O prazo de envío de solicitudes permanecerá aberto ata as 13:00 horas do 30 de outubro de 2019.

Máis información.

Distribuir contido


by Dr. Radut