Skip to Content

Relación provisional de persoas admitidas e excluídas na proba libre para a obtención do título de bacharelato para persoas maiores de 20 anos (2022)

O 18 de marzo publicouse na páxina web da Consellería de Educación a relación provisional de persoas admitidas e excluidas na proba libre para a obtención do título de bacharelato para maiores de 20 anos:

Lista de admitidos

Xunto coa listaxe de persoas admitidas e excluídas sinalaranse para cada persoa aspirante os exercicios en que figura inscrita, con indicación, se é o caso, da nota correspondente aos exercicios validados e a concesión ou denegación da exención das materias de Lingua Galega e Literatura I e II.

Unha vez publicadas as listaxes as persoas interesadas disporán de 10 días para presentar, mediante escrito motivado e dirixido á dirección do centro no cal se presentase a solicitude de inscrición na proba, as alegacións que consideren convenientes ou emendar as deficiencias detectadas na documentación achegada, de acordo co establecido no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

O día 5 de abril de 2022 publicarase a listaxe definitiva do alumnado admitido e excluído no portal educativo https://www.edu.xunta.gal Novena.

A proba realizarase en Santiago de Compostela o día 29 de abril de 2022 no IES San Clemente, rúa San Clemente, s/n, 15705 Santiago de Compostela.

Probas de acceso ciclos formativos de grado superior. Listaxes definitivas. Sedes e instrucións para a súa realización

Publicadas a listaxe definitiva de solicitudes e a resolución definitiva de exencións para as probas de acceso a ciclos formativos de grao superior na convocatoria ordinaria 2022:

Publicadas instrucións e a asociación de centros e sedes para a realización da proba de acceso a ciclos formativos de grao superior na convocatoria ordinaria 2022:

Máis información

Proba de acceso a ciclos formativos de grao medio de formación profesional - Convocatoria 2022

Introdución

As probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio van dirixidas ás persoas que non cumpran os requisitos académicos de acceso a ciclos formativos de grao medio.

Para poder concorrer á proba é necesario ter cumpridos dezasete anos ou cumprilos no ano natural de celebración da proba.

A proba divídese en tres partes:

- Parte sociolingüística: Lingua castelá, Lingua galega, Ciencias sociais.

- Parte matemática: matemáticas.

- Parte científico-técnica: Ciencias da natureza, Tecnoloxía.

A proba dará lugar a obtención dunha certificación na que constará a nota final lograda e a cualificación obtida en cada unha das partes que a compoñen.

A certificación da superación da proba dará acceso a calquera ciclo formativo de grao medio, nas condicións de admisión que se establezan.

Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes é do 3 ao 16 de marzo de 2022, ámbolos dous incluídos.

Lugar de presentación de solicitudes

Considérase centro de inscrición calquera centro público dependente da Consellería de Cultura, Educación e Universidade con oferta de formación profesional.

Recoméndase usar como centro de inscrición o máis próximo ao domicilio habitual, posto que calquera outro trámite posterior á inscrición deberá realizarse exclusivamente no centro de inscrición elixido. Ademais, a sede de exame que se lle asigne será un centro próximo ao devandito centro de inscrición.

Confección da solicitude

 As solicitudes deberán realizarse telematicamente empregando o asistente informático dispoñible na aplicación Ciclosprobas (premer no enlace)

O asistente facilita o proceso de crear unha solicitude de inscrición nas probas de acceso de grao medio. A aplicación xera unha instancia para imprimir que se deberá presentar nun centro de inscrición xunto coa documentación que se indique na propia instancia. En tanto que non se efectúe este trámite, non quedará feita a matrícula.

 As solicitudes presentadas por usuarios maiores de idade dos cales se dispoña de todos os seus datos e que empreguen algún sistema de autenticación serán validadas automaticamente, polo tanto non será necesario presentalas en ningún centro de inscrición. 

Data e hora da proba

A proba realizarase o 25 de maio de 2022, no seguinte horario:

 Presentación: ás 9:00 horas.

 Partes matemática e sociolingüística da proba:

– Das 09:30 ás 13:30 horas (Matemáticas, Lingua galega, Lingua castelá e Ciencias sociais).

 Parte científico-técnica da proba:

– Das 16:00 horas ás 18:00 horas (Ciencias da natureza e Tecnoloxía).

Lugar de realización da proba

O día 19 de abril farase público o lugar ou os lugares onde se realizarán as probas. Esta listaxe publicarase nos centros de inscrición e na páxina web https://www.edu.xunta.gal/fp/. A sede de realización da proba determínase en función do centro de inscrición empregado e, en principio, tratarase dalgún centro público próximo a este.

Máis información

Toda a información e a documentación referente ás probas de acceso aos ciclos formativos poderá consultarse premendo este enlace, así como na Secretaría e no Departamento de Orientación do IES Xermán Ancochea.

PRUEBAS DE ACCESO A CILCOS FORMATIVOS DE GRADO SUPERIOR.

  • REQUISITOS DE LAS PERSONAS PARTICIPANTES:

Podrán participar en la prueba de acceso a ciclos formativos de grado superior las personas que no cumplan los requisitos académicos exigidos para acceder a ellos y tengan diecinueve años o los hagan en el año de realización de la prueba.

Para acceder a los ciclos formativos de grado superior de formación profesional se requerirá estar en posesión de alguno de los siguientes requisitos:

a) Título universitario.

b) Título de técnico superior o de técnico especialista.

c) Título de bachillerato LOXSE, de bachillerato LOE o de bachillerato LOMCE.

d) Certificado de superación de todas las materias de bachillerato LOMCE.

e) COU/PREU/bachillerato sin modalidad u otros equivalentes.

f) BUP.

g) Título de técnico.

h) Otros estudios declarados equivalentes, para los efectos académicos, a alguno de los anteriores.

También podrán acceder las personas que superasen la prueba de acceso a la universidad para mayores de 25 años.

 

  • El plazo de presentación estará abierto entre los días 31 de eneroy 11 de febrero de 2022, ambos incluidos.

 

 

 

 

Si tenéis alguna duda podéis acercaros al Departamento de Orientación.

 

 

PRUEBAS DE ACCESO A CICLOS FORMATIVOS DE GRADO SUPERIOR

 

  • Adjunto el enlace al borrador de la convocatoria para las pruebas de acceso a ciclos formativos: 

http://www.edu.xunta.gal/fp/webfm_send/9634

 

  • Los requisitos de las personas participantes para la prueba de acceso a ciclos formativos de grado superior: 

Artigo 29. Proba de acceso a grao superior, requisitos das persoas participantes.

Poderán participar na proba de acceso aos ciclos formativos de grao superior as persoas que non cumpran os requisitos académicos esixidos para acceder a eles e teñan dezanove anos ou os fagan no ano de realización da proba.

 

  • El calendario de las pruebas a ciclos de grado superior:

http://www.edu.xunta.gal/fp/webfm_send/9636

 

  • El plazo de presentación estará abierto entre los días 31 de enero y 11 de febrero de 2022, ambos incluidos.

 

Si tenéis cualquier duda podéis acercaros al Departamento de Orientación.

Bolsas de carácter xeral para o curso académico 2021/2022.

Convócanse bolsas para estudantes que no curso académico 2021/2022, cursen ensinos postobligatorios con validez en todo o territorio nacional.

BENEFICIARIOS: poderán solicitar as bolsas desta convocatoria os estudantes que non superen unha determinada renda e/ou patrimonio familiar, que cumpran uns determinados requisitos de aproveitamento académico e se atopen cursando algunhas das seguintes ensinanzas:

  • Ensinanzas postobrigatorias e superiores non universitarias:

    • Primeiro e segundo cursos de Bacharelato.

    • Formación Profesional de grao medio e de grao superior.

    • Ensinanzas artísticas profesionais.

    • Ensinanzas deportivas.

    • Ensinanzas artísticas superiores.

    • Estudios relixiosos superiores.

    • Estudios de idiomas realizados en escolas oficiais de titularidade das administracións educativas, incluída a modalidade de distancia.

    • Cursos de acceso e cursos de preparación para as probas de acceso á Formación Profesional e cursos de formación específicos para o acceso aos Ciclos Formativos de grao medio e de grao superior impartidos en centros públicos e en centros privados concertados que teñan autorizadas ensinanzas de Formación Profesional.

    • Ciclos formativos de grao básico.

  • Ensinanzas universitarias.

SOLICITUDES: A solicitude deberase cumprimentar mediante o formulario accesible por vía telemática a través da sede electrónica do Departamento na dirección https://sede.educacion.gob.es ou en www.educacionyfp.gob.es

Unha vez cumprimentada a solicitude, deberá ser asinada polo interesado ou o seu representante legal no caso de ser menor de 18 anos con calquera dos sistemas de firma electrónica aceptados pola sede electrónica e enviada polo procedemento telemático establecido, quedando así presentada para todos os efectos. Non serán tidas en conta aquelas solicitudes cumprimentadas por vía telemática que non completen o proceso de presentación establecido, obtendo o resgardo de solicitude que deberá ser conservado polo solicitante para acreditar, no caso de que resulte necesario, a presentación da súa solicitude no prazo e forma establecidos.

O prazo é ata o 30 de setembro de 2021, inclusive, para os estudantes non universitarios.

Máis información.

O noso IES

Distribuir contido


by Dr. Radut