Skip to Content

información relativa ao comezo do curso 2021 2022

 

O inicio das actividades lectivas no presente curso levarase a cabo o vindeiro mércores día 15 de setembro. Debido á situación derivada da Covid-19 o comezo das actividades lectivas farase escalonado ao longo da xornada da seguinte forma:

  • HABERÁ SERVIZO DE TRANSPORTE ESCOLAR DENDE O DÍA 15 NO HORARIO HABITUAL CON CHEGADA AO CENTRO ÁS 8:15 HORAS E RECOLLIDA DO ALUMNADO ÁS 14:00 HORAS

Bo curso a todos/as !!!!!!

Calendario xeral 2021/2022

 

Normativa que regula o calendario: orde do 19 de maio de 2021 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2021/2022 e orde do 25 de xaneiro de 2022 pola que se actualiza a normativa de avaliación das ensinanzas de educación primaria, secundaria e bacharelato.

Exames finais pendentes anos anteriores (maio):

  •  3 e 4 de maio (bacharelato) 
  • 10 e 11 (educación secundaria obrigatoria)

     DATAS A TER EN CONTA:

  • 6 de xuño: terceira avaliación parcial para os cursos de educación secundaria obrigatoria para eso, 1º de bacharelato (neste caso é final) e ciclos formativos.
  • 7 xuño: entrega de notas terceira avaliación parcial para educación secundaria obrigatoria e ciclos e avaliación final ordinaria para primeiro de bacharelato.

  PERÍODO DE RECUPERACIÓN, AFONDAMENTO, REFORZO E REPASO

  • 6 de xuño – 22 de xuño:período abranguido entre a terceira avaliación parcial e a avaliación final (destinado a actividades de apoio, reforzo, recuperación, ampliación e titoría).
  • Exames extraordinarios de segundo bacharelato 20, 21 e 22 de xuño.
  • Exames extraordinarios de primeiro de bacharelato: 20, 21 e 22 de xuño.
  • Exames finais da eso de materias pendentes 20,21 e 22 de xuño.

 

SEMANA DA CIENCIA

Novembro é o mes da Ciencia.

Este ano quixémolo celebrar acercando a ciencia a tódolos nenos e nenas do cole, da man do alumnado de 4 ESO,1º e 2º Bach.

Compartimos algunhas fotos das actividades realizadas. 

Becas Eurolingua

 O prazo termina o vindeiro domingo 21 de abril.

Características do programa de bolsas:

Constan de dúas semanas de duración durante o verán nun programa de inmersión en Irlanda todo incluído dirixido a estudantes de Secundaria, Ciclos e Universidade. 

Pódese consultar toda a información da convocatoria picando nesta ligazón: Becas EurolinguaO programa está becado ao 100% e inclúe:

  • Programa de 20 clases de inglés semanais.
  • Material didáctico.
  • Aloxamento en familias seleccionadas e residencia.
  • Programa de actividades culturais, visitas e excursións.
  • Certificado de aproveitamente do curso expedido polo colexio.
  • Teléfono de emerxencia 24 horas.
  • Non incluido, pero xestionable gratuitamente, o billete de avión.


Os requisitos para solicitar a beca son:

  • Idade mínima 14 años.
  • Media académica de polo menos 6 puntos.
  • Estar matriculado neste curso en algún destos estudios: ESO, Bachillerato, Ciclos Formativos ou Universidade (masters e doctorados incluidos).
  • Ter nacionalidade de calquera país da UE.

Comunicación de folga ás familias

Informamos ao conxunto da comunidade educativa que o vindeiro martes 25 de abril a organización estudantil Erguer (estudantes da Galiza) convoca unha folga estudantil coa seguinte temática: "Contra os avances que se están a producir na privatización do ensino e por unha Lei Galega de Educación". Están disponibles (como adxuntos) a  información da convocatoria e o anexo de xustificación por partes das familias. 

Listaxes provisionais de alumnado admitido e excluído dos premios extraordinarios de FP de grao superior curso 2020-2021

Hoxe publicanse na páxina web da Consellería de Educación as listaxes provisionais de alumnado admitido e excluído dos premios extraordinarios de formación profesional de grao superior correspondentes ao curso 2020-2021.

Instrucións para o acceso e a admisión do alumnado ás ensinanzas artísticas superiores para o curso 2022/23

O día 21 de abril publicaronse no DOG as instruccións para o acceso e a admisión do alumnado para o curso 2022-2023 ás seguintes ensinanzas artísticas superiores:

Artísticas superiores de Música

Artísticas superiores de Conservación e Restauración de Bens Culturais

Artísticas superiores de Arte Dramática

Artísticas superiores de Deseño

O prazo de presentación das solicitudes comprenderá desde o día 22 de abril ata o 23 de maio de 2022.

As persoas aspirantes que non se acollan a realizar a proba que substitúe o requisito de titulación de bacharelato poderán presentar solicitude ata o 23 de xuño (excepto no caso das Artísticas superiores de Música)

Con carácter xeral, as solicitudes cubriranse de xeito telemático no formulario dispoñible en https://www.edu.xunta.gal/eas/ e empregando o certificado dixital ou sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

 

Convocatoria das probas de acceso ás ensinanzas deportivas para o curso 2022/23

O 21 de abril publicouse a Resolución do 7 de abril de 2022, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se convocan probas de acceso ás ensinanzas deportivas para o curso 2022/23.

A solicitude de inscrición presentarase na secretaría dalgún dos centros educativos vinculados a cada modalidade deportiva, segundo consta na relación do anexo IV da Resolución. Na modalidade de fútbol deberá presentarse necesariamente na secretaría do centro elixido para realizar a proba específica.

O prazo de inscrición na proba substitutiva do requisito de titulación de educación secundaria obrigatoria e/ou na proba específica de grao medio será o comprendido entre o día 22 de abril e o día 29 de xuño de 2022, ambos os dous incluídos.

O prazo de inscrición na proba substitutiva do requisito de titulación de bacharelato será o comprendido entre o día 22 de abril e o día 23 de maio de 2022, ambos os dous incluídos.

Distribuir contido


by Dr. Radut