1. INICIO DE CURSO
O día 8 de setembro comezará o curso escolar 2022-2023. O horario será o de sempre, de 08:30 a 14:00 horas.
TRANSPORTE ESCOLAR
O transporte escolar recollerá ao alumnado transportado nas paradas asignadas no horario habitual.
Aqueles/as que solicitastes transporte escolar de estudos postobrigatorios (bacharelato e ciclos formativos) solicitade a tarxeta Xente Nova que vos permitirá facer uso do transporte escolar sen ningún copago por traxecto. Esta tarxeta solicítase en Abanca, e trátase dunha tarxeta monedero que vos permitirá facer uso de todo o transporte integrado de Galicia. Ao ter menos de 21 anos o diñeiro que vos desconten en cada viaxe volve a ser reembolsado ao final de cada mes. O recomendable é que se carguen 60 euros, e cada traxecto de uso integrado de transporte ten un custo de 1.50 euros que como xa indicamos antes volverá ser reembolsado ao final de cada mensualidade. Máis información no seguinte enlace: www.bus.gal
Esta tarxeta permite facer uso do transporte de todas as líneas integradas existentes en galicia e disponibles para a súa consulta na páxina anteriormente indicada e sen custo para os/as menores de 21 anos debido ao reembolso das cuantías dos traxectos á tarxeta monedero.
INICIO DAS ACTIVIDADES LECTIVAS
O alumnado entrará no centro, a medida que sexa chamado, por cursos e grupos. A organización de entradas, estancia nas aulas e saídas para ese día será a seguinte:
ESO, BACHARELATO E FORMACIÓN PROFESIONAL BÁSICA
Os cursos de 1º,2º e 3º de ESO e 1º de Formación profesional básica terán ás 8:30 presentación xeral no salón de actos do centro co equipo directivo para explicarlle as normas de organización e funcionamento do centro ata ás 9:20 para despois pasar a ter a recepción pola persoa titora quen recordará as normas de organización e funcionamento, zonas de entrada, saída, entrega de horarios e enquisa ao alumnado de medios telemáticos dos que dispoñen na súas casas. A partir das 10:10 teñen clases das diferentes materias segundo o horario do curso.
Os cursos de 4º de ESO e primeiro e segundo de bacharelato terán das 8:30 ás 9:20 a recepción pola persoa titora quen recordará as normas de organización e funcionamento, zonas de entrada, saída, entrega de horarios e enquisa ao alumnado de medios telemáticos dos que dispoñen na súas casase despois presentación xeral no salón e actos do centro das 9:20 ás 10:10 co equipo directivo para explicarlle as normas de organización e funcionamento do centro.
CICLO MEDIO DE INSTALACIÓNS ELÉCTRITAS E AUTOMÁTICAS E CICLO SUPERIOR DE SISTEMAS ELECTROTÉCNICOS E AUTOMATIZADOS (FORMACIÓN PROFESIONAL)
Os dous cursos de ciclo medio terán a presentación no salón de actos do centro ás 11:30 ata ás 12:20 horas no que o equipo directivo lle explicará as normas de organización e funcionamento do centro e a continuación terán reunión cos titores/as do grupo.
Os cursos de ciclo superior terán primeiro a presentación no salón de actos ás 12:20 e a continuación a reunión cos/coas titores/as na aula de grupo.
A páxina web do centro: (https://www.edu.xunta.gal/centros/iesxermanancochea/) será o principal portal de información e comunicación a nivel xeral. Toda a información ás familias será comunicada a través desta canle.
Para a comunicación coas familias priorizarase o uso da aplicación abalarmóbil, polo que se considera fundamental que todas as familias descarguen dita aplicación. (Para as familias que non poidan ter a aplicación empregarase unha vía alternativa, que será o correo electrónico ou, en último lugar, o contacto telefónico). Tamén chegarán avisos a través do mensario aos móbiles que puxestes nos datos de matrícula dos/as vosos/as fillos/as.
Na páxina web do centro actualizarase toda a información relativa ao listado de libros de texto para o alumnado.
Os listados de libros concedidos do fondo solidario están a vosa disposición no taboleiro de secretaría do centro. Aquelas persoas que non recollestes os bonos de material pasade pola secretaría do centro.
O horario do centro é o de anos anteriores: