Hoxe, 19 de xullo de 2022, publícanse as listaxes da convocatoria ordinaria de persoas con praza adxudicada nos ciclos formativos de formación profesional, no réxime ordinario e no réxime para as persoas adultas.
As listaxes garanten a confidencialidade dos datos persoais, por iso cada persoa está identificada cun código persoal de consulta (CPC). O CPC é un código alfanumérico único para cada persoa que participa no proceso de admisión de FP. Para consultar a situación persoal nas listaxes poderase obter o CPC da aplicación informática ciclosadmision ou directamente nesta ligazón.
Listaxes de persoas con praza adxudicada
- Listaxe de persoas con praza adxudicada nos ciclos formativos de grao medio
- Listaxe de persoas con praza adxudicada nos ciclos formativos de grao superior
Listaxes de espera
- Listaxe de espera aos ciclos formativos de grao medio
- Listaxe de espera aos ciclos formativos de grao superior
(As listaxes de espera do réxime ordinario só están activas durante o período de matriculación da adxudicación)
Procedemento de matrícula para as persoas con praza adxudicada no réxime ordinario
O prazo de matrícula do alumnado admitido en cada ciclo formativo abrangue desde o martes 19 de xullo ata as 13:00 horas do venres 22 de xullo de 2022.
A matrícula poderase realizar presencialmente no centro educativo da praza adxudicada, ou tamén se poderá realizar vía web (pódense consultar as instrucións para este procedemento nesta ligazón).
Para realizar presencialmente a matrícula nunha praza adxudicada do réxime ordinario empregarase o seguinte modelo:
Modelo de documento en formato PDF
Información detallada
Na páxina web "Ven a FP" da Consellería de Educación