Información relativa ao fin de curso 2021/2022 e matriculación no curso 2022/2023
Este mércores 22 de xuño remata a actividade lectiva do presente curso. A partir de este momento levarase a cabo a avaliación, entrega de notas e o proceso de matriculación no vindeiro curso. As datas a ter en conta para fin de curso son as seguintes:
- Exames de recuperación para educación secundaria obrigatoria e probas extraordinarias de bacharelato: 20,21 e 22 de xuño
- Devolución libros de texto do fondo solidario do curso actual: 21 e 22 de xuño
- Data límite solicitude fondo de libros e material para o vindeiro curso: 22 de xuño
- Remate actividades lectivas: 22 de xuño
- Publicación en abalar das cualificacións finais para educación secundaria obrigatoria, formación profesional básica, ciclos formativos e avaliación extraordinaria de bacharelato: 23 de xuño a partir das 14:00 horas
- Entrega de boletíns de notas e recollida de sobres de matrícula para o vindeiro curso: 27 de xuño ás 11:00 horas
- Reclamacións ás cualificacións: 28 e 29 de xuño
MATRÍCULA ESO E BACHARELATO
- Matrícula para educación secundaria obrigatoria e bacharelato abrangue do 25 de xuño ata o 10 de xullo como data límite. Pero cada curso deberá preferentemente entregar os sobres cubertos os seguintes días no centro educativo:
- Xoves 30 de xuño recollida dos sobres de 1º e 2º de educación secundaria obrigatoria
- Venres 1 de xullo 3º e 4º de educación secundaria obrigatoria
- Luns 4 de xullo 1º e 2º de bacharelato
PREINSCRIPCIÓN E MATRÍCULA EN CICLOS FORMATIVOS
Para completar a preinscripción e matrícula nos graos básico, medio e superior de formación profesional as datas para levalo a cabo son entre o 27 de xuño e o 5 de xullo (grao medio e superior) e 6 de xullo para o grao básico.
O alumnado ten a opción de realizar o procedemento ou ben na secretaría do centro mediante un formulario de reserva a disposición do alumnado (ED519A) ou mediante a aplicación da consellería para este procedemento (www.https://www.edu.xunta.gal/ciclosadmision/)
- Preinscripción no grao básico de formación profesional: do 27 de xuño ata as 14.00 horas do día 6 de xullo
- Preinscripción en ciclo medio e superior: do 23 de xuño ás 9:00 horas ao 5 de xullo ás 13:00 horas
Unha vez cumprimentada a preinscripción o alumnado entregará no centro o sobre de matrícula que se entrega para os que continúan no centro o día 27 de xuño . O alumnado procedente de outros centros pode cumprimentar os sobres entre os días 19 e 22 de xullo.