O alumnado de 4º ESO de Plástica e Debuxo Artístico de 1º e 2º de bacharelato visitou as exposicións de Castelao e Origami no Museo de Pontevedra.
Na mostra de origami puideron contemplar exemplos de todas as modalidades empregadas na elaboración de esculturas utilizando un só papel, sen cortes nin pegamentos. Unha selección de figuras da Escola Museo Origami Zaragoza (EMOZ), un dos poucos museos de papiroflexia que existen no mundo.
Na exposición ‘Castelao en Europa. A viaxe de 1921’, amósase o Diario orixinal no que o artista recolleu as impresións da súa estadía en Francia, Bélxica e Alemaña, onde puido estudar a tradición artística e as linguaxes das vangardas europeas contemporáneas. Hai reproducións de máis dun cento de debuxos contidos neste excepcional manuscrito, así como documentación, correspondencia e demais material relacionado con esta viaxe.
Completamos a visita cun percorrido guiado pola Sala permanente do Museo adicado a este artista.
Máis imaxes da saída aquí.