Skip to Content

Proceso de admisión de alumnado para o curso 2023-2024

Iníciase o procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso 2023/2024.

  • Prazo de presentación de solicitudes: do 1 ao 20 de marzo.
  • Solitudes:
    • A través da aplicación https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado. A solicitude debe ser impresa e unha vez asinada presentala no centro coa documentación adxunta.
    • En Sede electrónica, mediante Chave365 ou Certificado Dixital. A solicitude faise na sede, onde se sobe a documentación escaneada, e neste caso non é necesario entregar nin a solicitude nin a documentación no centro.
  • A información relativa a esta solicitude encóntrase tamén adxunta:
  1. Prazas vacantes e outros detalles.
  2. Información ao alumnado e ás familias. 
  3. Criterio complementario para a admisión do alumnado establecido polo centro.

 

Saímos cara Manzaneda

Gran parte do alumnado de 3ºda ESO colleu hoxe rumbo a Manzaneda para disfrutar da neve e da magnífica contorna que ofrece o macizo central ourensán.

O centro quere agradecer á organizadora, Vanesa Peón, todo o esforzo feito para que esta saída fora posible. Tamén queremos agradecer a axuda do profesorado acompañante: Alba Loureiro, Alejandro Sotelo e Damián Otero.

Boa viaxe!!

 

Alimentación saúdable no IES de Soutomaior

O departamento de Bioloxía e Xeoloxía, organizou para este curso unha serie de actividades co fin de contribuir a adquisición de hábitos saudables por parte do noso alumnado.

Comezamos co reparto de leite de pastoreo e actualmente seguimos co reparto de froita ecolóxica. Os postos de froita siuados nas entradas do centro están sendo moi populares e atendidos coa axuda conxunta do profesorado e de alumnado voluntario, facendo que todo este traballo sexa posible.

Cómpre destacar que nesta semana, o alumnado de 1º ESO está a disfrutar dos almorzos saudables (Healthy Breackfast), nos que poden degustar alimentos nutricionamente máis recomendables que os tradicionais e nos que, coa contribución do departamento de Inglés, poden practicar conversa nesta lingua simulando a atención nunha cafetería.

Xornadas Xuvenís de Divulgaciencia

A OMIX do concello de Soutomaior ofreceu ao alumnado de 4º da ESO do noso centro varias actividades celebradas no multiusos de arcade o xoves 9 de febreiro.

A charla divulgativa de David Ballesteros nos puxo ao día en temas coma intelixencia artificial, Big Data e, en conxunto, do papel da ciencia na sociedade actual. Para finalizar puidemos examinar os contidos aprendidos cunhas interesantes actividades nos obradoiros posteriores.

Máis imaxes na galería.

Convocadas axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2023

Xa saiu a convocatoria para solicitalas axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2023.

Está dirixida ao alumnado de 1º e 2º de Bacharelato. Poden consultar toda a información e se inscribir na seguinte ligazón:

Premer aquí

DÍA ESCOLAR DA PAZ E A NON VIOLENCIA

O alumnado de Latín e Grego de 1º bacharelato elaborou na biblioteca distintos carteis sobre o "Día Escolar da Paz e a Non Violencia", que se conmemorou o 30 de xaneiro.
Esta acción serviu para reflexionar no concepto de "paz" nas linguas clásicas e tamén, en xeral, para denunciarmos todas as guerras e as dinámicas belicistas e imperialistas. Este concepto, o de "imperium", tamén foi obxecto da nosa reflexión.

¿Cal é a orixe do símbolo da paz?

Para ver as imaxes da actividade pulsar na seguinte ligazón

ENCONTRO DO CLUB DE LECTURA “SOUTOMAIORES” CO ESCRITOR XESÚS CONSTELA

O martes 20 de decembro tivemos o Club de Lectura de adultas/os “Soutomaiores” un pracenteiro encontro co escritor Xesús Constela co pretexto do seu libro As humanas proporcións, que conta cos Premios Torrente Ballester de narrativa e da Asociación da Crítica.

A grata conversa permitiunos afondar máis no escritor e na súa xa ampla obra. Abordáronse claves da súa obra: o feito literario en si, a elaboración e comentarios sobre os doce relatos do libro lido, os temas presentes (as etapas da vida, o amor, as viaxes, as lembranzas, a liberdade...), a configuracións dos personaxes, as anécdotas e detalles da propia realidade e experiencia como fonte ou motivo para a materia literaria, a tarefa de escribir en galego, a necesidade de avanzar coa normalización lingüística...

Este encontro tan produtivo e ameno serve tamén de óptimo aliciente para lermos as outras obras de Xesús Constela, como O libro das alquimias, Shakespeare destilado, Lisa deitada, O peso do cerebro, etc.

 

 

II Feira da Ciencia de soutomaior

Tralo éxito do ano pasado, o Concello de Soutomaior xa ten organizada a vindeira feira da ciencia para o 4 de maio. Nesta participarán de novo o alumnado do IES de soutomaior e do Colexio Santiago Apóstol.

O prazo de presentación de solicitudes será do 3 o 21 de abril de 2023.

Toda a información. Premios, detalles da solicitude, admisión e exposición está detallada nas bases da convocatoria adxuntas nesta entrada. Esperamos a vosa participación.

Visita de Bacharelato á Escola de Enxeñería de Minas e Enerxía

 

                   

O pasado 18 de xaneiro, os alumnos de Tecnoloxía e Enxeñaría de 1º BAC e Tecnoloxía Industrial de 2ºBAC realizaron unha visita á Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía da Universidade de Vigo.

A actividade comezou cunha charla sobre os graos impartidos na Escola e as posibles saídas profesionais, para posteriormente pasar a realizar tres módulos da Aula Aberta á TecnoCiencia, nos que os alumnos desenvolveron actividades manipulativas sobre intelixencia artificial, materiais intelixentes e mecánica de materiais.

Máis fotos na galería

CONCURSO DE FOTOGRAFÍA

 

AS BASES DO CONCURSO PODES ATOPALAS NO FICHEIRO ADXUNTO.

ANÍMATE A PARTICIPAR!

Aquí están as gañadoras e os gañadores do concurso. Noraboa!

1º - 2º ESO

3º - 4º ESO

1º - 2º BAC

PROFESORADO E FAMILIAS 

PROFESORADO E FAMILIAS ÁCCESIT

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut