Skip to Content

Axudas para a realización de actividades formativas STEM en lingua inglesa

A Consellería de Educación convoca a STEMweek, actividades formativas STEM en lingua inglesa, (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemáticas), dirixidas á mellora das competencias en lingua inglesa e da competencia científico-tecnolóxica do alumnado de 3º e 4º de educación secundaria obrigatoria matriculado en centros docentes sostidos con fondos públicos en Galicia.

O lugar onde se realizará esta actividade será o CRD da Coruña (Centro Residencial Docente, Burgo-Acea de Ama, s/n, Culleredo. A Coruña).

Quendas:
16-22 de agosto de 2020. 100 prazas para 3º da ESO
23-29 de agosto de 2020. 100 prazas para 4º da ESO

En cada quenda, o alumnado entrará o domingo entre as 18.00 e as 19.30 horas e sairá o sábado entre as 12.00 e as 13.30 horas. As familias ou titores/as legais dos/das menores serán os responsables de levar e recoller o alumnado no lugar de realización da actividade e os gastos que isto ocasione correrán pola súa conta. O resto da actividade será gratuíta para o alumnado adxudicatario das prazas ofertadas.

Persoas beneficiarias e requisitos:
a) Estar cursando 3º ou 4º de ESO no réxime xeral en centros sostidos con fondos públicos, durante o curso 2019/20, na Comunidade Autónoma de Galicia.
b) Ter superadas todas as materias no curso 2018/19.
c) Ter acadado no curso 2018/19 unha cualificación mínima de 6 na materia de inglés.

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario ED504G dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

O prazo para a presentación de solicitudes estará aberto ata o 13 de abril de 2020.

Máis información no DOG do 13 de marzo de 2020 e en www.edu.xunta.es



blog | by Dr. Radut