Skip to Content

Presentación das Brigadas ECOlóxicas

No mes de decembro soubemos por primeira vez deste proxecto: as Brigadas ECOlóxicas boataban a andar cunha primeira formación para todo o alumnado de 1º ESO. A alerta verde prendeu nestes mozos e mozas e durante as vacacións de nadal e un grupo de voluntarios e voluntarias seguiu formándose nuns obradoiros específicos que tiveron lugar no Multiúsos de Arcade.

A ansiada presentación dos brigadistas tivo lugar este pasado venres 7 de febreiro durante o recreo. Tras anunciar unha acción sorpresa nos días previos, as Brigadas ECOlóxicas guiaron ata o patio, e ao son da batucada, os seus compañeiros e compañeiras.

Alí deron a coñecer o proxecto e as accións que teñen previsto realizar durante os próximos meses, accións que procuran visualizar o impacto ambiental que os residuos teñen no noso centro educativo e, polo tanto, como pode participar a comunidade educativa para reducir estes refugallos. De momento, xa contamos con bolsas de papel na cafetería para reducir os plásticos dos envoltorios dos bocadillos. Ademais, tamén dispoñemos dunha nova Illa de Reciclaxe, xa instalada xunto ao composteiro, grazas á implicación do Concello. Esta é unha iniciativa promovida pola Concellería de Educación e Medio Ambiente en colaboración co Departamento de Bioloxía e Xeoloxía e o equipo de directivo do centro.

Mais, quen mellor que as propias Brigadas ECOlóxicas para explicarnos o seu labor? Atendede, atendede! Parabéns, brigadistas, e moitas grazas polo traballo que realizades!

 

Galería de imaxes: preme aquí.

Na prensa: Conciencia ecolóxica nas aulas, Faro de Vigo (11-02-2020).



blog | by Dr. Radut