Skip to Content

Soutominores. Clube de lectura no IES de Soutomaior

Non podemos deixar atrás este curso 2023-24 sen lembrar este creativo club de lectura.

Soutominores está formado por un grupo de alumnas e alumnos de 1º e 3º da ESO: os Soutolectores!!! A coordinadora foi Adriana, profesora de galego.

 

Nestes meses leron O Principiño e O Barón Rampante, libros que os cativaron os Soutolectores desde as primeiras liñas.

Ademais da lectura, o club realizou moitas actividades relacionadas co mundo dos libros e aproveitaron a Radio do centro para gravar pódcasts con entrevistas ás personaxes máis carismáticas das obras. Isto último foi posible grazas á supervisión técnica de Alba Loureiro, xefa de departamento de Lingua galega.

 

Podemos ver todo o traballado con máis detalle se accedemos ao seguinte PDF: ligazón.

Para poder escoitar os audios coas entrevistas do alumnado hai que premer na seguinte ligazón.

En hora boa aos Soutominores e á profe Adriana!!!



blog | by Dr. Radut