Skip to Content

Estatística e matemáticas para a sociedade da información

O pasado 16 de febreiro visitounos Manuel Febrero Bande, Catedrático de Estatística e Investigación Operativa na Universidade de Santiago de Compostela. A visita, encaixada dentro das propostas formativas da USC, permitiunos contar coa presenza de Manuel, quen combina a súa labor como docente na Facultade de Matemáticas coas tarefas de investigación e divulgación no eido da estatística.

O alumnado obxectivo desta presentación foron alumnos e alumnas de 2º de Bacharelato. Manuel trasladoulles de xeito moi ameno a súa inquedanza pola estatística e a utilidade da mesma no mundo que nos rodea.
 
Conceptos como Big Data ou Intelixencia Artificial tomaron forma durante a sesión, onde se fixo un percorrido pola utilidade da estatística e a forma na que nos aporta datos esenciais en campos como a bioloxía, a medicina ou mesmo o fútbol.
 
Tamén apareceron durante a presentación algúns conceptos ben coñecidos polo alumnado, como es rectas de regresión e as nubes de puntos, que permitiron comprobar a practicidade da materia máis alá dos contidos do seu currículo.
 
Foi un pracer contar con este excelente divulgador e investigador nas nosas aulas. Agardamos poder repetir a experiencia nun futuro próximo.
 


blog | by Dr. Radut