Skip to Content

Actividades

I Concurso de Mangas

 

 

Publícanse as bases do primeiro Concurso de Mangas do noso Centro. Podedes consultalas premendo na foto ou AQUÍ

BREAKOUT TUITAKU.

VÍDEO RESUMO DA XORNADA NA QUE PARTICIPAMOS NO BREAKOUT EDUCATIVO CON CONTIDOS OTAKU

Guía para alumnado e familias: VIAXE DIDÁCTICA A LISBOA ´19

Premendo na foto de abaixo podedes descargar a Guía que nos axudará no desenvolvemento da viaxe a Lisboa. Nela figuran os barrios, lugares e monumentos que se visitarán así como unha breve reseña de cada un deles.

O alumnado que participa nesta actividade xa levou a Guía. Cómpre tela de man e lela porque, de volta das vacacións de Nadal, o Equipo docente encargado da Saída Didáctica a Lisboa preparará unha actividade baseada na información que se dá neste documento.

;) 

25 novembro: Día internacional contra a Violencia contra a Muller

Mañá, venres, imos conmemorar un ano máis o Día contra a Violencia contra a Muller e -engadimos- contra os nenos e nenas das familias desas mulleres.

Despois de traballar nas titorías e en distintas clases, culminamos os actos deste día cunha representación de música e danza de alumnado de 4º ESO e 1º de Bach que terá lugar no SALÓN DE ACTOS no 1º recreo.

Durante toda a mañá poderemos ver o vídeo coas mensaxes do noso alumnado no recibidor do centro.

Ao término do 2º recreo, poderemos sentirnos a PEPA da historia que conta a socióloga Carmen Ruíz Repullo e decidir por onde queremos subir as escaleiras e cales son as consecuencias da nosa escolla.

FALADOIRO: Orientación a Pé na Eurocidade Tui-Valença

O pasado luns 9 de outubro Ricardo Figueroa, do Club AROMON e da man do Concello de Tui, ofreceu faladoiros a todo o noso alumnado da ESO co gallo da 1ª Proba de Orientación a Pé na Eurocidade Tui-Valença. Moitos xa coñecen este deporte e outros terán o seu primeiro contacto este domingo pero estamos seguros de que tanto o profesorado, o alumnado como as familias participantes pasarán un día divertido cun mapa na man buscando balizas pola fortaleza de Valença e polas rúas vellas de Tui.

 

 

IES SAN PAIO clasificado para o CAMPIONATO DE ESPAÑA DE ORIENTACIÓN A PÉ PARA CENTROS ESCOLARES.

Fai dous anos comezamos unha andaina co deporte de Orientación a pé como quen non quería a cousa e, devagar, chegamos a clasificarnos para participar no CECEO´18.

O noso alumnado participou no Campionato Provincial, clasificándose para o Campionato Galego e nesta importante proba o equipo INFANTIL MASCULINO conseguiu seleccionarse para o CAMPIONATO DE ESPAÑA DE CENTROS ESCOLARES -representando a Galicia nesa categoría- que terá lugar en A Coruña do 1 ao 4 de novembro.

O equipo que vai representar ao noso centro está composto polos fantásticos alumnos:

GARCÍA RODRÍGUEZ, BELTRÁN (3ºC)
SESTELO SOLLA, MARTÍN (2ºA)
JIMÉNEZ DIZ, SANTIAGO (2ºA)
COYA JARAMILLO, XOÁN (3ºC)
SOUTO RODRÍGUEZ, IAGO (3ºC)

 

Toca traballar para preparar a nosa participación e divertirse cunha experiencia deportiva e de convivencia con outros centros buscando balizas polas distintas zonas da cidade de A Coruña.

Os nosos parabéns a todo alumnado participante nos distintos campionatos e unha orgullosa NORABOA! a este equipo que se clasificou.

 

Acto de despedida do alumnado de 2º de Bacharelato

Distribuir contido


by Dr. Radut